Obxecto da axuda
O obxectivo destas axudas é permitir a creación ou mellora significativa dun proceso produtivo, produto ou servizo. Os proxectos deben demostrar un aspecto tecnolóxico diferencial sobre as tecnoloxías existentes no mercado.
Organismo convocante
Convocado polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades e o CDTI.
Beneficiarios
Poderán ter a condición de beneficiarias das axudas as empresas que estean validamente constituídas teñan personalidade xurídica propia e domicilio fiscal en España, e desenvolvan un proxecto de I+D en España.
Actividades elixibles
- Proxectos de I+D Individuais: proxectos nacionais presentados por unha única empresa.
- Proxectos de I+D de Cooperación Nacional: proxectos nacionais presentados por un consorcio dun mínimo de dous e un máximo de seis empresas, unha delas deberá ser peme e, mínimo, dúas de elas autónomas entre si.
- Proxectos de I+D de Cooperación Tecnolóxica Internacional presentados por empresas españolas participantes en programas de cooperación tecnolóxica internacional xestionados polo CDTI.
- Proxectos de I+D de Cooperación Tecnolóxica Europea, relacionados coa potenciación da capacidade tecnolóxica das empresas españolas para participar nas seguintes iniciativas e proxectos: Proxectos Importantes de Interese Común Europeo (PIICE), Proxectos do Partenariado Institucional IHI (Innovative Health Initiative) e Proxectos derivados de Partenariados de Horizonte Europa.
- Proxectos de I+D de Capacitación Tecnolóxica para a participación en licitacións internacionais ou nacionais, relacionados coa potenciación da capacidade tecnolóxica das empresas españolas para participar en licitacións de proxectos e programas xestionados por organizacións internacionais nas que CDTI ostenta a representación española ou cos que CDTI ten acordos de cooperación.
- Proxectos de I+D para o desenvolvemento de tecnoloxías duais: relacionados coa capacitación tecnolóxica das empresas españolas para licitar en materia de Defensa e Seguridade.
- Proxectos de I+D Orientados (PO): proxectos de I+D de tipo individual, presentados a nivel nacional por unha única empresa.
- Proxectos de I+D en convocatorias específicas: proxectos de I+D que se presenten no marco dunha convocatoria específica publicada por CDTI e que terán as características establecidas na dita convocatoria.
Gastos elixibles
- Gastos de persoal (investigadores, técnicos e demais persoal auxiliar, na medida en que estean dedicados ao proxecto de investigación). Poderanse imputar gastos ao proxecto tanto de persoal con contrato laboral como de persoal autónomo socio da empresa.
- Custos de instrumental e material, na medida e durante o período en que se utilice para o proxecto de investigación. No caso de que o instrumental e o material non se utilicen durante toda a súa vida útil para o proxecto, unicamente se considerarán elixibles os custos de amortización correspondentes á duración do proxecto, calculados segundo boas prácticas de contabilidade.
- Custos de investigación contractual, coñecementos e patentes adquiridas ou obtidas por licenza de fontes externas a prezos de mercado, e os custos de consultoría e servizos equivalentes destinados de maneira exclusiva ao proxecto.
- Gastos xerais suplementarios directamente derivados do proxecto de investigación.
- Outros gastos de explotación, incluídos custos de material, subministracións e produtos semellantes, que se deriven directamente do proxecto.
Tipo, contía e intensidade da axuda
- Tipo: Axuda parcialmente reembolsable
- Contía: O presuposto mínimo financiable por empresa será de 175.000€.
- Intensidade da axuda: Cobertura de ata o 85% do orzamento total
Presentación de solicitudes
A presentación de proxectos on-line, a través da aplicación CDTI, poderase realizar de forma continuada, no ámbito da convocatoria permanentemente aberta.
Deberá realizarse obrigatoriamente a través dos medios habilitados na sede electrónica de CDTI (https://sede.cdti.gob.es).