BFFood organiza o demo day da súa segunda edición

Os 14 proxectos que formaron parte do programa de aceleración e consolidación da segunda edición de Business Factory Food (BFFood), a aceleradora do sector alimentario galego dinamizada polo Clúster Alimentario de Galicia, contarán o progreso logrado e presentarán as súas iniciativas no demo day que terá lugar o venres 29 de xaneiro en streaming.

Durante o evento haberá unha quenda de preguntas para que os asistentes poidan preguntar as súas dúbidas e interactuar cos responsables dos proxectos de BFFood.  Ademais, as persoas que se inscriban ao demo day recibirán acceso a unha feira de expositores online, xestionada a través dunha aplicación, na que poderán facer networking e planificar unha axenda individual.

Francisco Conde, vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, será o encargado de dar a benvida a todos os participantes a esta sesión online. Intervirán, tamén, Juanjo De la Cerda, presidente do Clusaga, Javier A. Osuna, responsable de BFFood, e Roberto Alonso, xerente do Clusaga. Do mesmo xeito, contará coa participación de investidores e actores do sector tecnolóxico, alimentario e do emprendimiento.

As persoas interesadas en asistir ao demo day poden inscribirse, a través do formulario, que aparece a continuación.

Event Schedule Details

  • 29 Xaneiro 2021
Compartir
Engadir ao Calendario