BFFood | Pitchday VIII Edición

O vindeiro 2 de xullo celebrarase o PitchDay da VIII Edición da Business Factory Food (BFFood), o evento público no que os proxectos de emprendemento finalistas presentan a súa proposta ante o Comité Técnico de BFFood, as empresas mentoras e outros axentes do ecosistema alimentario galego.

 

A xornada desenvolverase no Auditorio 2 do Edificio CINC (Cidade da Cultura de Galicia), Monte Gaiás s/n, Santiago de Compostela, en horario de 09:30 a 13:40 horas.

 

Nesta edición, presentaranse:

 

  • 14 proxectos que están actualmente en fase de incubación e optan a entrar no programa de aceleración, que conta con 10 prazas dispoñibles.
  • Os proxectos finalistas que optan ao programa de consolidación, con 6 prazas dispoñibles, cuxa convocatoria permanece aberta ata o 10 de xuño, polo que o número exacto de participantes confirmarase máis adiante.

 

Unha vez finalizadas as presentacións, o Comité de Selección procederá á súa deliberación. O resultado será comunicado aos proxectos seleccionados nos días seguintes ao evento, e o listado oficial publicarase na web de BFFood.

Event Schedule Details

  • 2 Xullo 2026
Compartir
Engadir ao Calendario
WhatsApp