Bolsas ICEX de internacionalización-Programa de prácticas en empresas ou entidades 2022

Objetivo

O Programa de Prácticas en Empresas ou Entidades ten como obxectivo último completar a formación e, finalmente, promover a inserción laboral de mozos profesionais. Materialízase mediante a posibilidade de realizar prácticas durante un (1) ano en empresas ou en entidades españolas con actividade internacional.

Duración

O Programa de Empresas terá unha duración de doce (12) meses, iniciándose a partir de febreiro de 2022.

Requisitos

  • Que estean legalmente constituídas en España.
  • Que estean ao corrente das obrigacións tributarias con Facenda e nos pagos á Seguridade Social.
  • Que teñan actividade comercial ou produtiva no exterior ou un plan estratéxico en execución dirixido á expansión e consolidación internacional.
  • Que presenten un plan estruturado co itinerario formativo que achegarán ás persoas bolseiras.
  • As prácticas poderán realizarse na sede da empresa ou entidade en España ou no exterior (requisitos adicionais).

Financiamento

A dotación bruta anual das prácticas vén fixada polo ICEX, non sendo un concepto negociable: na presente edición a dotación bruta anual estará comprendida entre 19.000 € (mínimo) e 48.000 € (máximo) en función do país e cidade de destino asignado.

Pemes ou entidades 6 meses de dotación (50%) estará financiado polo ICEX

Gran empresa 3 meses (25%) financiado polo ICEX

Data de inicio

Con anterioridade ao 15 de febreiro de 2021

Detalles da programación de eventos

  • 29 Setembro 2021
Programa
Compartir
Engadir ao Calendario