Bonos de innovación para mellorar a capacidade innovadora de microempresas e pemes

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) convoca no ano 2022 axudas dirixidas a Bonos de innovación.

Descripción da axuda

Axudas a microempresas e pemes galegas que realicen actividades de innovación que poidan levarse a cabo de maneira inmediata a través da contratación de servizos profesionais externos aos axentes de innovación para dar un salto cualitativo e cuantitativo na súa actividade de I+D+i a corto prazo e repercutan directamente na capacidade para dar resposta aos retos actuais das empresas a través da innovación.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias desta axuda aquelas empresas constituidas no momento da presentación das solicitudes con domicilio social ou centro de traballo en Galicia onde se desenvolverán as actividades para as que se solicita a axuda.

Cada unha das liñas que componen esta axuda vai dirixida ás seguintes entidades:

  • Liña 1 (Servizos de apoio á innovación): Microempresas e pequenas empresas
  • Liña 2 (Xestión de financiamento de innovación): Microempresas, pequenas e medianas

Tipos de actuacións

Liña 1. Bonos para servizos de apoio á innovación, para o financiamento de actividades destinadas á protección de innovación e o coñecemento, transferencia tecnolóxica, comercialización e que permita o desenvolvemento de novos produtos e servizos ou mellora da competitividade empresarial

Liña 2. Bonos para a xestión de fondos da innovación, para a subvención de custos de actividades de xestión, contratadas con axentes de innovación encamiñadas a:

Tipo A: Tramitación de incentivos e beneficios fiscais para I+D+i

Tipo B: Solicitudes de financiamento a proxectos ou actuaciones de I+D+i en convocatorias de axudas estatais, europeas ou internacionais

Temáticas

Prioridade 1: Solucións científico-tecnolóxicas para a sustentabilidade. Desenvolvemento de aplicación de diferentes solucións científico-tecnolóxicas e de innovación para avanzar na redución da pegada de carbono das cadeas de valor, sustentabilidade de recursos naturais (terra e mar) e patrimonial de Galicia, xerando, ademais oportunidades para a diversificación de produtos sustentables competitivos internacionalmente e mellorando o benestar das persoas.

Prioridade 2: Dixitalización para o novo modelo industrial e social. Apoio á tecnificación e dixitalización para impulsar o modelo industrial galego e a xestión e prestación de servizos sanitarios e sociais de calidade coma detonante da transformación resiliente de Galicia

Prioridade 3: Orientación dos esforzos en I+D+i de cara aos retos da sociedade en alimentación, saúde, envellecemento activo, convertendo a Galicia nun entorno de referencia mundial para o desenvolvemento e exame de novas oportunidades científico-tecnolóxicas e empresariais.

Cadeas de valor prioritarias de Galicia

Cadea de valor da industria aeroespacial e aeronáutica, agroalimentaria, automoción, renovables, industria forestal, medio mariño, naval, loxística, saúde, calidade de vida, téxtil, turismo e TIC.

Gastos subvencionables

Liña 1: As actividades deberán estar incluidas nunha memoria descritiva, a inversión mínima de 30.000 euros a 50.000 euros.

As actividades realizadas mediante contratación de servizos de apoio á innovación serán da seguinte tipoloxía:

Actividades de protección do coñecemento

Deseño, implantación e mellora de sistemas de xestión e organización da innovación

Estudos de vixiancia tecnolóxica e estado da arte

Estudos de viabilidade tecnolóxica e industrial encamiñados a desenvolvemento de produtos

Accións para levar a mercado ou implementar os resultados da investigación e innovación industrial, deseño de novos produtos, servizos…etc.

Reconfiguración e redeseño de novos produtos ou servizos

Liña 2:   Tanto se o tipo é A ou B, a tramitación da solicitude da axuda deberá estar presentada no período elixible de gastos e cando a axuda sexa solicitada para colaboración non poderá haber máis de dous beneficiarios para un mesmo proxecto.

Ademais, todas as propostas deberán ter prevista a realización de actividades de I+D+i exclusivamente en Galicia por parte da entidade solicitante.

Axuda

                Tipo de convocatoria: Convocatoria en réxime de concorrencia competitiva

Tipo de axuda: Subvención a fondo perdido

Incentivo: 70% dos custos de contratación dos bonos de innovación nas seguintes modalidades:

                                Liña 1: Apoio á innovación (Axudas entre 21.000 e 35.000 euros)

                                Liña 2: Xestión de financiación de innovación (Axudas máximo 5.000 euros

para cada unha das tipoloxías de bonos (A e B) sabendo que:

A inversión mínima para a Liña 1 será de 30.000 euros a 50.000 euros e para a Liña 2 non haberá límite.

Orzamento total: 1.000.000 euros

Prazo de presentación de solicitudes

Ata o 11/07/2022

Detalles da programación de eventos

  • 11 Xullo 2022
Compartir
Engadir ao Calendario