Bonos para o despregamento de xemelgos dixitais en empresas manufactureiras (convocatoria Change2Twin Deployment Voucher)

Obxecto da axuda

A convocatoria do Bono de Despregamento apoia a pemes manufactureras e midcaps que queiran mellorar a súa competitividade mediante a implementación da tecnoloxía de xemelo dixital. O programa de apoio encapsula o financiamento, a titoría técnica e divídese en dúas fases:

  • Fase 1 (Inicio): Durante 2 meses, os socios técnicos axudarán a definir os requisitos de usuario do seu xemelo dixital. Ademais, comunicarase e acordarase o marco do experimento acordado co solicitante.
  • Fase 2 (Experimento): Durante 9 meses recibirase apoio para centrarse na implantación da tecnoloxía de xemelos dixitais.

Organismo convocante: Change2Twin (trátase de fondos cascada, resultantes dun proxecto europeo)

Beneficiarios: PEME manufacturera (SME) ou de mediana capitalización (MidCap) da UE ou países asociados rexistrada como empresa como data máxima o 16 xaneiro de 2023.

  • Enténdese por SME aquela cun cadro de inferior a 250 cun volume de negocios anual sexa inferior ou igual a 50 millóns de euros ou balance xeral anual inferior ou igual a 43 millóns de euros.
  • Enténdese por “empresa de capitalización media” ou “MidCap” aquela empresa que non é unha PEME e que ten ata 3.000 empregados; Tamén se inclúen aquelas empresas cun cadro de inferior a 500 empregados e un volume de negocios inferior ou igual a 100 millóns de euros ou un balance xeral anual inferior ou igual a 86 millóns de euros.

Actividades elixibles

Engadiráselles un punto adicional á puntuación global ós experimentos que operen en sectores manufactureiros nos que as tecnoloxías dixitais estean infrautilizadas, pouco explotadas. Para efectos desta convocatoria, estes sectores son:

  • Construcción
  • Metais básicos e produtos metálicos;
  • Textiles, pezas de vestir, cuero
  • Bebidas e alimentación

Engadirase un segundo punto adicional á puntuación global aos experimentos que inclúan o uso de polo menos unha tecnoloxía do mercado Change2Twin.

A tecnoloxía de xemelo dixital débese utilizar para un ou varios dos seguintes fins como  o deseño virtual, participación do cliente, posta en servicio (comprobación da implementación in situ dun sistema fronte ó seu deseño plasmado no xemelo dixital para detectar fallos ou anomalías na posta en marcha), información a enxeñaría (captura de características de uso co xemelo dixital para informar a enxeñaría das necesidades de cambia-los deseños, ou para futuros deseños, ou dos riscos operativos), monitorización para detectar anomalías, degradación do rendemento, etc.

Outros fins poden ser a optimización e mellora da calidade no control de procesos, programación, diagnóstico basado na investigación da causa ou natureza dunha condición de fallo, situación ou problema no sistema físico; Por último, estaría o mantemento preventivo  e a loxística intelixente.

Change2Twin seleccionará ata 16 candidaturas que participarán nun programa de apoio de 11 meses. Os beneficiarios recibirán:

  • Ata 90.000 € para cubrir os custos de despregamento e implantación de tecnoloxía e sistemas aplicables aos xemelos dixitais para a fabricación.
  • Titoría técnica para apoia-lo despregamento de xemelos dixitais en cada fase da súa implementación desde os requisitos do usuario ata a especificación do deseño.

O ideal é que as empresas que se presenten a esta convocatoria alcanzasen xa un nivel de dixitalización 5 de 3 o que significa que preferiblemente xa utilizan cadros de mando e os datos de procesos empresariais importantes, como a producción, poñense á disposición mediante o uso de sensores. O nivel mínimo de dixitalización para as empresas que se presenten á convocatoria aberta é 2, no que os sistemas dixitais da organización están conectados en gran medida entre si e intercambian datos para lles proporcionar ás aplicacións empresariais e ao software a información pertinente.

Cada beneficiario definirá ao inicio do programa de apoio, xunto cos mentores asignados, a súa “Plan de mentorización individual”, que incluirá os fitos (entregables, KPIs e recomendacións éticas) e o orzamento do proxecto.

Gastos elixibles

El subvencionado non está obrigado a presentar documentos contables estritamente definidos para demostrar o custo incorridos (por exemplo, facturas), senón que está obrigado a demostrar a execución do proxecto conforme os fitos fixados para el; avaliaro  progreso e a calidade de traballo durante as revisións dos fitos, pero non  a  contabilidade.  Porén, a subvención non exime de recompilar documentación para confirmar os custos segundo a normativa fiscal.

Tipo, contía e intensidade da axuda

  • Tipo de axuda: Subvención
  • Contía: cada beneficiario recibirá ata 90. 000 euros
  • Intensidade de axuda: 70% dos custos estimados para a execución do proxecto

Presentación de solicitudes

Data límite para solicitudes: 16/04/2023. Forma de tramitación: a través de Deployment Voucher – 2nd Open Call.

Event Schedule Details

  • 16 Abril 2023
Compartir
Engadir ao Calendario