Campaña de doazón de alimentos para Ucraína

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organiza un envío conxunto de produtos alimentarios destinados a Ucraína e doados por empresas alimentarias de Galicia. A iniciativa enmárcase dentro das liñas propostas en EU Clusters Support Ukraine.

O envío correspondería a un camión completo (33 pallets). A loxística de recepción e grupaxe conta coa colaboración desinteresada de Grupo Pereira, no almacén situado en Pazos de Borbén.

O envío e a distribución corren a cargo das tendas de Fozzy Group (Silpo, Fozzy C&C, Fora e Thrash), así como a xestión do transporte internacional e o despacho de aduanas dos productos etiquetados como doazón.

Produtos axeitados para doar

As empresas interesadas poden colaborar co envío mínimo de 1 pallet de produtos de algunhas das seguintes categorías: produtos que poidan ser consumidos sen necesidade de cociñarse (latas de conserva e os alimentos precociñados, coma as sopas instantáneas, ademais do leite, café, cacao, té, iogures que non requiran refrixeración e froitos secos, entre outros). Tamén produtos para bebés, como leite en polvo ou cremas. Igualmente, solicítanse alimentos coma galletas, chocolate e barras enerxéticas.

Non poden ser enviados, pola súa fraxilidade, alimentos en botes de cristal. Tamén hai que evitar os produtos perecedeiros e aqueles que, sen selo, necesiten de cocción, coma a pasta e o arroz.

Como participar

Para participar na doazón é necesaria a previa manifestación de interese no formulario que aparece a continuación para organizar a loxística de forma axeitada. A data límite para facelo é o 29 de abril. Para más información puede contactarse con Clusaga en el correo info@clusaga.org o el teléfono 981 55 60 62.

Event Schedule Details

  • 29 Abril 2022
Compartir
Engadir ao Calendario