Clusaga, en colaboración coa Consellería de Medioambiente e Cambio Climático, no marco da Alianza Galega polo Clima, e coa participación de Vegalsa-Eroski como empresa tractora, impulsa un ciclo de catro obradoiros orientados a promover a sustentabilidade e a descarbonización na industria alimentaria galega. A iniciativa está enmarcada no programa PROALIS-CARBON e contará cun formato participativo, centrado no traballo práctico en grupo e no intercambio de coñecementos.
A segunda sesión celebrarase o 24 de setembro de 2025 no Hotel AC Palacio del Carmen (Santiago de Compostela) e estará centrada no proceso de elaboración dunha memoria/informe de sustentabilidade e poidan ter clara a estrutura, de maneira que poidan coordinar as tarefas e as responsabilidades dentro da organización. En función do desenvolvemento lexislativo empregarase como referencia as NEIS v2, ou o Estándar Voluntario para Pemes, cuxo coñecemento é útil tamén para as empresas non obrigadas a reportar baixo a CSRD.
A formación está dividida en dúas fases: unha teórica, na que se describen os temas que se deben incluír na memoria de sustentabilidade, a súa estrutura e os estándares de referencia a seguir; e unha fase práctica e interactiva, na que se abordará a través do método do caso centrado en escenas dunha hipotética organización do sector alimentario.
Para participar neste ciclo de obradoiros enmarcado no programa PROALIS-CARBON, de carácter gratuíto, é necesario inscribirse a través do seguinte formulario para realizar un autodiagnóstico previo.









