Ciclo de Obradoiros PROALIS-CARBON | Liñas estratéxicas e Lean & Green para a redución de CO2

Clusaga, en colaboración coa Consellería de Medioambiente e Cambio Climático, no marco da Alianza Galega polo Clima, e coa participación de Vegalsa-Eroski como empresa tractora, impulsa un ciclo de catro obradoiros orientados a promover a sustentabilidade e a descarbonización na industria alimentaria galega. A iniciativa está enmarcada no programa PROALIS-CARBON e contará cun formato participativo, centrado no traballo práctico en grupo e no intercambio de coñecementos.

Obradoiro IV. Liñas estratéxicas e Lean & Green para a redución de CO2

O 5 de novembro, no AC Palacio del Carmen de Santiago de Compostela, terá lugar a cuarta sesión do ciclo de obradoiros Proalis Carbon. Nesta ocasión, a xornada porá o foco na descarbonización do sector alimentario, analizando o papel esencial da loxística e presentando a metodoloxía Lean & Green, unha ferramenta de referencia en Europa para reducir de maneira medible e efectiva as emisións de CO₂.

O obradoiro desenvolverase cun formato participativo e práctico, baseado no método de caso e no traballo en grupo, co obxectivo de poñer en práctica os conceptos abordados. Ademais, promoverase a xeración de ideas colaborativas que impulsen novas solucións para avanzar cara a unha loxística máis sostible, competitiva e comprometida co medio ambiente.

Para participar neste ciclo de obradoiros enmarcado no programa PROALIS-CARBON, de carácter gratuíto, é necesario inscribirse a través do seguinte formulario.

Event Schedule Details

  • 5 Novembro 2025
Compartir
Engadir ao Calendario
WhatsApp