El Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organiza, no marco dos seus servizos de apoio á I+D+i, o itinerario de obradoiros Innpulsa Food 2026. Esta iniciativa está concibida como unha ferramenta dinámica para activar a innovación colaborativa no sector agroalimentario galego, facilitando ás empresas o acceso a tecnoloxías de vangarda e a detección de proxectos conxuntos aplicados ás súas necesidades reais.
A través de catro sesións híbridas (online e presenciais), o programa despregará unha metodoloxía áxil para dar a coñecer solucións en Intelixencia Artificial e dixitalización, tanto para a industria como para o sector primario.
Módulo 1: Dixitalización e IA en procesos fabrís e non fabrís
A primeira sesión terá lugar o 8 de maio de 2026, de 10:00 a 12:00 horas, en formato virtual.
Contido: Centrarase na optimización de procesos mediante a metodoloxía Kaizen e contará con expertos en IA e dixitalización de operacións.
Dinámica: Realizarase unha enquisa individual para realizar un match entre as necesidades das empresas e as tecnoloxías dispoñibles.
Módulo 2: Tecnoloxías para a competitividade do sector primario
A segunda sesión celebrarase o 27 de maio de 2026, de 10:00 a 12:00 horas, en formato virtual.
Contido: Contará coa colaboración da Fundación Juana de Vega e presentaranse solucións de IA, sensórica e drons orientadas a mellorar a eficiencia no sector primario.
Módulo 3: Despregamento da metodoloxía de traballo grupal
Esta sesión será presencial en Santiago de Compostela o 30 de xuño de 2026, de 12:00 a 14:00 horas.
Obxectivo: Aplicar técnicas de Design Thinking para a detección de proxectos colaborativos, unindo o potencial tecnolóxico coas demandas detectadas nos módulos anteriores.
Módulo 4: Xestión da innovación e tecnoloxía na industria alimentaria
O peche do itinerario terá lugar o 29 de setembro de 2026, de 10:00 a 14:00 horas, de forma presencial en Santiago de Compostela.
Contido: Incluirá unha ponencia maxistral, unha exposición de tecnoloxías por parte de provedores especializados e a presentación do portfolio de proxectos detectados.
Financiamento: Exporase o mapa de axudas dispoñible para financiar os proxectos de I+D+i resultantes.
Inscrición
Para participar neste itinerario de innovación é necesario inscribirse a través do seguinte formulario. A actividade está dirixida a empresas do sector alimentario galego que busquen mellorar a súa competitividade a través da tecnoloxía e a cooperación.









