Clusaga organiza dúas novas entregas de Martes de Insights, dentro do Programa Competemar 2025, un ciclo de webinars especialmente deseñado para profundizar nos retos e oportunidades que presentan os Emiratos Árabes Unidos para o sector agroalimentario galego. Estes encontros virtuais buscan converterse nun espazo de análise sobre a evolución do comercio internacional, ofrecendo unha panorámica detallada das tendencias de mercado máis relevantes, así como das barreiras culturais, legais e arancelarias que poden influír nas operacións comerciais.
A primeira sesión celebrarase o día 10 de outubro e ofrecerá unha visión xeral do mercado emiratí, permitindo ás empresas comprender mellor a súa dinámica, as oportunidades comerciais existentes e os factores clave que determinan o éxito na rexión.
Na segunda sesión, que se celebrará o 14 de outubro, proporcionaranse ferramentas estratéxicas e recomendacións prácticas para que as empresas asociadas poidan abordar o mercado emiratí con maior seguridade e confianza, superando barreiras e aproveitando oportunidades comerciais concretas.
Para asistir a calquera das sesións que compoñen este ciclo é necesario inscribirse a través do formulario que aparece a continuación. Aínda que está dirixido a empresas participantes no Programa Competemar 2025, trátase dunha actividade aberta ao público previa inscrición.
Para máis información, pódese consultar o programa completo ou contactar con Clusaga no correo international@clusaga.org ou no teléfono 881 023 853.









