Ciclo de webinars. Estratexias e casos de éxito na internacionalización alimentaria

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organiza co apoio do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) o ciclo de webinars “Estratexias e casos de éxito na internacionalización alimentaria”.

A formación realizarase en catro sesións, en horario de 9.30 a 12.30 horas, do 13 de novembro ao 4 de decembro e analizará como enfrontarse á expansión internacional no sector alimentario tendo en conta a situación de incerteza xerada tanto pola COVID-19 como polas medidas proteccionistas. Está dirixida, principalmente, a xerentes, profesionais da mercadotecnia e comerciais de empresas e organizacións do sector alimentario.

Obxectivos

O obxectivo deste ciclo de webinars é que os asistentes poidan, por unha banda, coñecer de primeira mano estratexias e casos de éxito no ámbito internacional, que lles permitan adaptar as súas estratexias e, por outro, adquirir as ferramentas idóneas para afrontar a transformación con maior éxito de face á internacionalización da empresa na contorna poscovid.

O programa céntrase nun plan formativo con varios webinars impartidos por profesionais con ampla experiencia no sector e contará, ao mesmo tempo, coa participación de Clusaga, que operará a modo de “helpdesk”, ofrecendo asistencia baixo demanda ás empresas participantes para axudarlles a mellorar as súas cuestións relacionadas coa exportación aos mercados internacionais e facilitando as relacións co panel de expertos do programa.

Contido e formadores

Sesión 1 | 13 novembro. Contorna xeral e claves á hora de ser competitivo

Impartida por: Jaime Palafox, experto agroalimentario e exdirector de asuntos económicos e internacionalización de FIAB​, y Félix Gullón, exdirector área expansión de Galletas Gullón​.

Sesión 2 | 20 novembro. Marketing internacional e creación de marca

Impartida por Gonzalo Sánchez, responsable de exportación de Chocolates Valor​, e Gonzalo de Pierrard Hardy, director Asia – Pacífico de Cinco Jotas – Grupo Osborne​.

Sesión 3 | 27 novembro. Tendencias de consumo e segmentos de mercado

Impartida por Nicolás Horovitz, director xeral de contidos para​ BMC Strategic Europa,Alfredo Martín, director comercial de Grupo Agrosevilla​.

Sesión 4 | 4 decembro. Mercados estratéxicos

Impartida por Pablo Buján, director comercial de Bodegas Martín Códax, ​y Roberto Alonso, manager de Clusaga.

Prezo e procedemento inscrición

O ciclo de webinars ten un custo de reserva de matrícula de 275€/alumno + IVE.  Ademais, a realización do mesmo está suxeito a alcanzar un número mínimo de participantes. O titular da inscrición, en caso de non poder asistir, poderá ser substituído por outro da mesma empresa.

La expedición do diploma do ciclo de webinars realizado está suxeito a unha asistencia mínima do 80% das horas formativas.

A data límite para inscribirse é o martes, 10 de novembro de 2020 a través do formulario de inscrición que aparece facendo clic no botón “inscribirse” que aparece a continuación.

Para calquera dúbida, pódese contactar con Clusaga a través do email info@clusaga.org.

Detalles da programación de eventos

  • 13 Novembro 2020
Programa
Compartir
Engadir ao Calendario