Ciclo formativo “Sustentabilidade e calidade alimentaria: aspectos chave para a competitividade empresarial”

A sustentabilidade ambiental, económica e social das empresas é un aspecto determinante para a súa competitividade e chave para o seu crecemento. Ademais, debe entenderse de xeito transversal e complementaria a outras áreas, tales como a seguridade alimentaria e industrial, a calidade, a dixitalización ou a innovación. Todo isto vese constatado pola crecente incorporación de criterios relacionados coa sustentabilidade na responsabilidade empresarial, os instrumentos de financiación ou as distintas certificacións.

Neste contexto, o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), organiza o ciclo de formaciónSustentabilidade e calidade alimentaria: aspectos chave para a competitividade empresarial” para impulsar a sustentabilidade das empresas socias. Esta actividade, que se desenvolverá de xeito presencial entre marzo e maio de 2023, lévase a cabo coa colaboración dos asociados de Clusaga OCA Global e a participación de PFS Grupo e Ambical.

Programa do ciclo formativo

Esta formación, que está estruturada en tres obradoiros, aborda a xestión do desperdicio alimentario, o cálculo da pegada de carbono e os diferentes sistemas de xestión de calidade para a industria alimentaria en relación coas novas esixencias que implica a sustentabilidade.

En concreto, o primeiro obradoiro, “Combater o desperdicio alimentario”, terá lugar o 16 de marzo, de 10.00 a 12.00 horas; o segundo, “Cálculo da pegada de carbono”, celebrarase el 20 de abril de 10.00 a 13.00 horas; mentres que o terceiro e último obradoiro, “Sistemas de xestión de calidade alimentaria”, levarase a cabo o 3 de maio, de 10.00 a 12.00 horas. Todos eles terán lugar no Edificio FEUGA (Campus Vida, Santiago de Compostela).

Inscrición e máis información

Para participar neste ciclo formativo, de carácter gratuíto, é necesario formalizar previamente a inscrición. Non é obrigatorio inscribirse no ciclo completo para participar en algún dos obradoiros, pero se recomenda acceder á formación completa.

A inscrición en cada un dos obradoiros pode formalizarse a través da ligazón que aparece a continuación. Para máis información, pode consultar o programa completo do Ciclo Formativo ou contactar con Clusaga no correo circular@clusaga.org ou no teléfono 881 023 853.

Detalles da programación de eventos

  • 3 Maio 2023
Compartir
Engadir ao Calendario