Conferencia – Xantar. Retos e claves para unha estratexia máis sostible nas empresas alimentarias

A sustentabilidade é un elemento central que as empresas alimentarias deben interiorizar nas súas estratexias e modelos de negocio ante as crecentes presións en materia de cumprimento normativo e reporte, as esixencias dos consumidores e da propio contorna. Porén, adoptar medidas reactivas para adaptarse ao cambio tende a ser cada vez máis custoso, distraendo ás empresas das oportunidades reais de diferenciarse e reducir o risco. Neste contexto, os directivos deben preguntarse como reforzar a súa posición competitiva máis aló da xestión dos custos nunha contorna de cambio acelerado e converxencia tecnolóxica, aproveitando novas oportunidades.

Coa fin de outorgar respostas, o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) e INSURE.Hub – INnovation in SUstainability and Regeneration organizan, o vindeiro 5 de outubro, ás 14.00 horas, no AC Palacio del Carmen (Santiago de Compostela), a Conferencia – Xantar “Retos e claves para unha estratexia máis sostible nas empresas alimentarias” co economista e emprendedor belga Gunter Pauli como relator.

O experto, que centra o seu traballo na aplicación do pensamento sistémico para xerar abundancia e creación de valor, referencia máis de douscentos estudos de casos reais e trata de inspirar a implantación de estratexias sostibles nas empresas, de modo que estas poidan crear riqueza respectando o medio ambiente. Fundador de Zero Emissions Research and Initiatives (ZERI) na Universidade das Nacións Unidas en Tokio e da Fundación The Global ZERI Network, pretende deseñar e implementar solucións prácticas, alcanzables e sostibles para un novo modelo económico de sociedades e industrias de cero emisións.

Así, a conferencia do 5 de outubro servirá para dar claves e exemplos para que as empresas alimentarias avancen estratexias máis sostibles. O evento se complementará cun diálogo posterior moderado por Antonio Vasconcelos, fundador de INSURE.Hub, unha iniciativa que pretende crear un ecosistema internacional de coñecemento transdisciplinario que promova solucións empresariais cun alcance circular, sostible e rexenerativo, e que será o punto de partida para que os asistentes formulen as súas preguntas a Gunter Pauli.

A asistencia a este evento, cuxo prezo por persoa é de 40 euros, está suxeita a inscrición previa a través do formulario que aparece a continuación. Para máis información, pode consultarse o programa completo ou contactar con Clusaga no correo info@clusaga.org ou no teléfono 981 556 062.

Event Schedule Details

  • 5 Outubro 2023
Compartir
Engadir ao Calendario