Clusaga participa na organización do I International FoodTec Conference, congreso que se celebrará do 27 ao 29 de outubro de 2025 en Bragança, Portugal. O evento reunirá aos principais expertos en investigación avanzada, solucións alimentarias innovadoras, axentes destacados da industria alimentaria e responsables políticos centrados na planificación estratéxica e no financiamento do sector.
Organizado no marco do proxecto europeo Net4food e financiado por Interreg POCTEP, o congreso ten como obxectivo potenciar unha rede de excelencia dentro do sector alimentario da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Ademais, reforzará as capacidades científicas e tecnolóxicas da industria alimentaria impulsando a innovación, engadindo valor aos recursos endóxenos rexionais e promovendo prácticas alimentarias sostibles, seguras e saudables. Está estreitamente aliñado coa creación do futuro Iberian FoodTec Lab (IFL), un centro de referencia internacional para a innovación tecnolóxica no sector alimentario.
O Proxecto Net4Food reúne un destacado consorcio coordinado polo Instituto Politécnico de Bragança (IPB), que inclúe socios estratéxicos como a Universidade de Vigo, o Laboratorio Ibérico Internacional de Nanotecnoloxía (INL), o Clúster Alimentario de Galicia, PortugalFoods, e os laboratorios colaborativos MORE CoLAB e AquaValor, e está financiado por Interreg POCTEP.









