“Consellos eficaces para traballar desde casa” é o título do segundo seminario dixital organizado polo Dixital Innovation Hub Industrial de Galicia (DIHGIGAL), do que Clusaga forma parte. A sesión terá lugar o xoves, 2 de abril, ás 13 horas cunha duración de 45 minutos.
Nela abordaranse diferentes medidas que deben realizarse para adoptar unha xestión eficiente do teletraballo da man de Raquel García del Cid e Beatriz Martín Mayor, do Grupo PyA.
Para poder asistir ao seminario dixital é necesaria a inscrición previa antes do propio xoves, 2 de abril, ás 11 horas no formulario que aparece, a continuación, facendo clic no botón “inscribirse”.