O Ministerio de Industria lanza unha consulta pública para identificar proxectos tractores que modernicen a industria española

O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo lanzou un aviso de manifestación de interese (Call of interest) para identificar áreas de interese dentro do Programa de Impulso de proxectos tractores de Competitividade e Sustentabilidade Industrial. Estas actuacións exponse como proxectos tractores con efectos a longo prazo, realizados de forma cooperativa, involucrando a todos ou case todos os elos da cadea de valor industrial na que teña intención de inserirse e cun carácter vertebrador do territorio, así como implicación de pymez. Á súa vez, deben ter un impacto significativo na competitividade, e contribuír á dobre transición verde e dixital establecidos pola Unión Europea.

O obxectivo deste chamamento é, segundo o secretario xeral de Industria e Peme, Raül Branco, “mobilizar proxectos verdadeiramente tractores con capacidade de transformación sectorial e con amplo impacto sobre a produtividade, o emprego e o territorio. Tamén se terán en conta os obxectivos de dixitalización e transición ecolóxica marcados pola Comisión Europea. Os resultados permitirannos elaborar o mapa dos posibles grandes proxectos para a modernización da industria española para o período 2021-2023 que serán financiados con fondos europeos no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia”.

Tras a análise e avaliación de todas as propostas recibidas, o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo definirá as áreas de interese para a realización de futuras convocatorias de axudas para proxectos estratéxicos para a transición industrial.

A participación neste aviso non xera ningún dereito ao acceso ao potencial financiamento que poida convocarse pola Administración para o apoio de proxectos tractores, nin ningunha obrigación á Administración.

O prazo para a presentación de propostas finalizará o 20 de xaneiro de 2021.

Requisitos que deben cumprir os proxectos

  • Debe involucrar a unha parte substancial dunha determinada cadea de valor industrial que deberá identificarse. Esta representatividade se justificará mediante un número suficiente de empresas e entidades da devandita cadea, incluíndo pemes, e a súa adecuada representación territorial.
  • O proxecto debe ser tractor e cooperativo. Para iso esixirase que se detalle unha empresa líder vertebradora do proxecto conxunto, así como un número mínimo adicional de 5 entidades participantes. Adicionalmente do conxunto de empresas ou entidades interesadas en realizar o proxecto, polo menos o 40% deberán responder á categoría de peme.
  • Entre as entidades participantes deberá existir polo menos una que sexa provedora de coñecemento, e que, como tal, teña a capacidade técnica e organizativa suficiente para a realización das actividades de I+D que incorpore o proxecto tractor.
  • O proxecto debe ter un marcado carácter innovador e/ou achegar un importante valor engadido en termos de I+D+i, que permita que se desenvolvan produtos ou servizos novos cun elevado contido de investigación ou que se desenvolva un proceso de produción fundamentalmente innovador.
  • O proxecto debe ter carácter vertebrador no territorio, con impacto en máis dunha comunidade autónoma.
  • Os proxectos deben ter entre os seus obxectivos a eficiencia enerxética, a mellora da sustentabilidade do seu proceso ou produto, a descarbonización da súa actividade, a incorporación de aspectos de economía circular, o mellor aproveitamento de recursos ou a dixitalización da cadea de valor.
  • Os beneficios do proxecto non deben limitarse ás empresas ou ao sector directamente involucrados no proxecto, senón que deben ser de maior relevancia e aplicación na economía ou sociedade a través de efectos de arrastre positivos definidos claramente, de maneira concreta e identificable.
  • Os beneficiarios deben participar na cofinanciación do proxecto.
  • A empresa líder do proxecto e as entidades participantes deben comprometerse a difundir os novos coñecementos adquiridos no contexto do traballo financiado máis aló dos seus únicos clientes e provedores. O proxecto debe permitir a ampla difusión dos coñecementos adquiridos, estean ou non protexidos por un título ou un dereito de propiedade intelectual.
  • As empresas que conformen cada proposta de proxecto tractor deberán estar válidamente constituídas en España, non estar suxeitas a unha orde xudicial para recuperar axudas que se considerou ilegais e incompatibles no contexto dunha decisión da Comisión Europea. Ningunha das entidades involucradas no proxecto debe ter dificultades no sentido das directrices da Comisión Europea sobre axudas para o rescate e a reestruturación de empresas en crises.
  • O orzamento mínimo dos proxectos será de 40.000.000€.

Detalles da programación de eventos

  • 20 Xaneiro 2021
Compartir
Engadir ao Calendario