Convocadas as axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios

A Consellería do Medio Rural publicou o 12 de xaneiro de 2018 a Orde do 18 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios para o período 2014-2020, cofinanciadas polo Feader, e se convocan para o exercicio orzamentario de 2018.

Estas axudas convocáronse amparadas no Regulamento (UE) 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e polo que se derroga o Regulamento (CE) 1698/2005 do Consello, así como na normativa comunitaria sobre axudas de Estado, e que motivaron a inclusión no Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 da medida 4.2, referente ao apoio aos investimentos en transformación, comercialización e/ou desenvolvemento de produtos agrícolas.

Beneficiarios

Poderán acollerse a estas axudas os empresarios individuais ou sociedades que sexan ou vaian ser titulares de instalacións obxecto da axuda dedicadas á transformación e/ou comercialización de produtos do anexo I do Tratado constitutivo da Comunidade Europea, e sobre as que recaia a carga financeira dos investimentos e gastos que se consideren subvencionables.

Investimentos subvencionables

1. Considéranse subvencionables, con carácter xeral, os investimentos en activos fixos materiais para a creación, ampliación e modernización das instalacións situadas en Galicia destinadas á transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, considerando como tales os produtos enumerados no anexo I do Tratado constitutivo da Comunidade Europea, excepto os produtos da pesca. Así mesmo, poderán subvencionarse investimentos relativos a procesos de transformación en que interveñan produtos non incluídos no anexo I do tratado, se estes son un compoñente menor do produto final. Considerarase que son un compoñente menor cando a cantidade ou valor económico total destes non supere o 25 % do peso ou valor económico total do produto final.

2. Os produtos resultantes dos procesos de transformación e/ou comercialización poderán ser produtos agrarios (incluídos no anexo I do Tratado) ou non agrarios (non incluídos no anexo I do Tratado). Para estes efectos, considerarase que os produtos resultantes dos procesos de transformación e/ou comercialización son produtos agrarios cando a totalidade deles estean incluídos no anexo I do Tratado.

Convocatoria

Convócanse, de acordo coas bases reguladoras establecidas no capítulo primeiro desta orde as axudas para os investimentos en mellora das condicións de transformación e comercialización dos produtos agrarios para o período 2014-2020, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), para o exercicio orzamentario de 2020.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria será de un mes contado a partir do día seguinte ao de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Data de publicación do programa o 27 de xaneiro 2020. É dicir, ata o 28 de febreiro

Event Schedule Details

  • 28 Febreiro 2020
Compartir
Engadir ao Calendario