Convocadas as axudas de Agacal para a realización de accións de cooperación nos sectores agroalimentario, agrícola e forestal

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal), abriu a convocatoria de axudas para financiar proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías nos sectores agroalimentario, agrícola e forestal.

O desenvolvemento poderá entenderse tanto na incorporación de novidades como na aplicación de produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías xa existentes en condicións onde tradicionalmente non se utilizaron previamente. Non obstante, non se poderán financiar proxectos xa realizados en territorios e condicións similares. En ningún caso se financiarán proxectos de investigación básica ou fundamental.

No ámbito da industria agroalimentaria inclúense as seguintes posibles accións:

  • Industria agroalimentaria:
    • Tecnoloxías de creación de valor no marco dun sector agroindustrial sustentable e competitivo, orientado á obtención de produtos seguros e saudables.
    • Tecnoloxías para asegurar a calidade e autenticidade alimentaria.
    • Mecanismos e procedementos para a redución do consumo de enerxía e a optimización dos procesos de control para lograr un procesamento de alimentos máis sustentable e competitivo.
    • Produción de alimentos tradicionais en pequenas e medianas empresas (en diante pemes) alimentarias, relacionadas cos beneficios da dieta atlántica galega.
    • Biodispoñibilidade de constituíntes funcionais de alimentos en produtos vexetais e animais e a súa relación cos sistemas de produción extensivos e ecolóxicos.
    • Mantemento da actividade biolóxica de ingredientes funcionais durante o procesamento e a conservación de alimentos.
    • Busca de novas fontes de ingredientes funcionais adaptadas á realidade produtiva galega, incluíndo o aproveitamento de subprodutos da industria alimentaria.
    • Explotación da diversidade bioquímica das plantas a través do desenvolvemento do concepto de biorrefinaría.
  • Cadea agroalimentaria.
    • Tecnoloxías para asegurar a seguridade e a autenticidade na cadea alimentaria.
    • Medida da pegada de carbono ao longo dos procesos da cadea alimentaria.
    • Uso de marcadores para confirmar a calidade e/ou autenticidade dos alimentos.

Beneficiarios e requisitos da convocatoria

Poderán ser “beneficiarios”:

  1. Persoas físicas ou xurídicas e organizacións ou entidades directamente vinculadas á produción primaria en agricultura, gandaría e/ou silvicultura.
  2. Persoas físicas ou xurídicas primeiras transformadoras do sector agrario, alimentario e forestal ou da área de enerxías renovables de orixe agrícola e forestal.

Non poderán acceder á condición de beneficiarios das subvencións obxecto da presente resolución os centros de investigación e experimentación e centros tecnolóxicos.

Na realización da actividade subvencionada poderán participar, ademais dos beneficiarios indicados arriba, os “axentes cooperantes”, e poderán adquirir tal condición as seguintes entidades:

  1. Persoas físicas ou xurídicas e organizacións ou entidades (ambas as dúas sen ánimo de lucro) dedicadas á produción primaria en agricultura, gandaría e/ou silvicultura, así como á transformación do sector agrario, alimentario e forestal ou da área de enerxías renovables de orixe agrícola e forestal.
  2. Centros de investigación e experimentación da Consellería do Medio Rural e centros tecnolóxicos participados por ela, así como outros centros públicos de investigación.
  3. Entidades sen ánimo de lucro que promovan a investigación, a innovación e o desenvolvemento do medio rural, así como as que desenvolvan actividades de promoción, asesoramento, dinamización ou financiamento de proxectos nos ámbitos agrario ou forestal.
  4. Entidades asesoras na conservación ou uso sustentable dos recursos naturais.
  5. Outras entidades con intereses recoñecidos no ámbito rural.

Na acción de cooperación deberán intervir como mínimo dous axentes e, polo menos un deles deberá ser da tipoloxía “beneficiarios” e o outro da tipoloxía “axentes cooperantes”.

Tipo e intensidade das axudas: Subvención a fondo perdido. Intensidade de axuda de máximo o 80% con máximo 150.000€.

Prazo de presentación de solicitudes

As solicitudes deben realizarse a través a sede electrónica da Xunta de Galicia antes do 18 de marzo de 2021

Event Schedule Details

  • 18 Marzo 2021
Compartir
Engadir ao Calendario