Convocatoria 2020 de axudas ao desenvolvemento de maquinaria e bens de equipo (programa MAQUINARIA 4.0)

O Igape convoca estas axudas que teñen como obxecto apoiar o desenvolvemento, estandarización e comercialización de maquinaria e bens de equipo nos ámbitos definidos polos axentes industriais de Galicia que presentaron propostas á consulta convocada polo Igape mediante Resolución do 4 de setembro de 2019 (DOG nº 183, do 26.9.2019 e DOG nº 216, do 13.11.2019). O resultado desta consulta, a resolución de selección dos proxectos e a súa especificación pódese atopar no enderezo www.igape.es/gl/ser-mais-competitivo/maquinaria-4-0

Beneficiarios potenciais

·Poderán ser beneficiarias individuais destas axudas as empresas do sector ou ámbito de negocio da fabricación de maquinaria ou bens de equipo, que sexan sociedades con personalidade xurídica propia ou autónomos e que teñan un centro de traballo en Galicia no que se vaia realizar o proxecto.

·Poderán ser beneficiarias colectivas destas axudas as agrupacións de dúas ou máis empresas nas que polo menos unha delas sexa do sector ou ámbito de negocio da fabricación de maquinaria ou bens de equipo, e as outras pertenzan a sectores da industria ou servizos directamente relacionados co desenvolvemento do produto para o que se solicita a axuda. Todas as integrantes da agrupación deben ser sociedades con personalidade xurídica propia ou autónomos cun centro de traballo en Galicia no que se vaia realizar o proxecto.

*Non poderán ter a condición de beneficiarias as empresas cuxo proxecto fora elixido no procedemento previo de consulta non poderán optar ao desenvolvemento deste proxecto.

Tipo de proxectos

·Mellora da capacidade produtiva mediante o investimento material e/ou inmaterial, que só será subvencionable para beneficiarios que sexan pemes.

·Desenvolvemento experimental: a adquisición, combinación, configuración e emprego de coñecementos e técnicas xa existentes, de índole científica, tecnolóxica, empresarial ou doutro tipo, con vistas á elaboración de produtos, procesos ou servizos novos ou mellorados.

·Innovación en materia de organización: a aplicación dun novo método organizativo ás prácticas comerciais, a organización do centro de traballo ou as relacións exteriores dunha empresa.

·Innovación en materia de procesos: a aplicación dun método de produción ou subministración novo ou significativamente mellorado (incluídos os cambios significativos en canto a técnicas, equipos ou programas informáticos).

·Estandarización e creación de catálogos de produto.

·Comercialización do produto xerado, que comprende actividades de elaboración de propostas de valor; capacitación do equipo comercial; definición de novos mercados; prospección e exploración do mercado, etc..

·Plans de mantemento e formación de distribuidores, que comprende actividades de elaboración dos plans de mantemento axeitados para os produtos desenvolvidos; homologación dos mesmos; selección e capacitación dos distribuidores; deseño e posta en marcha de programas de distribución e outras similares relacionadas co proxecto de desenvolvemento presentado.

Contía das axudas e concorrencia

·Tipo de convocatoria: subvención en réxime de concorrencia competitiva.

·Contía das axudas

a) Mellora da capacidade produtiva mediante investimento: 30% Pequena / 20% Mediana.

b1) Desenvolvemento experimental: 45% pequena / 35% mediana / 25% grande

b2) Desenvolvemento experimental (*): 60% pequena / 50% mediana / 40% grande

c) Innovación en materia de organización: 50% pequena / 50% mediana / 15%(**) grande.

d) Innovación en materia de procesos: 50% pequena / 50% mediana / 15%(**) grande

e) Estandarización e creación de catálogos de produto, comercialización do produto xerado e plans de mantemento e formación de distribuidores: 70% pequena / 60% mediana / 50% grande.

(*): porcentaxes aplicables a proxectos colectivos nos que algunha das empresas sexa peme e ningunha das empresas corra por si sola con máis do 70% dos custos subvencionables.

(**): só se asignará esta axuda en proxectos colectivos nos que exista colaboración efectiva entre pemes e grandes empresas na actividade obxecto da axuda, e onde as pemes que colaboran corran con un mínimo do 30% do custe subvencionable.

Presentación das solicitudes

O prazo de presentación será de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (07/02/2020).

Para presentar a solicitude, a entidade solicitante ou o líder da agrupación deberá cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto para o que solicita a subvención, a través de http://www.tramita.igape.es. A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos.

Event Schedule Details

  • 8 Abril 2020
Compartir
Engadir ao Calendario