Convocatoria | Programa Competemar 2025. Aceleradora de internacionalización de empresas do sector dos produtos do mar

O Programa para a Mellora Competitiva das Empresas do Mar (Competemar) é unha iniciativa do Clúster Alimentario de Galicia, que inclúe Competemar Internacional, unha aceleradora da internacionalización das empresas galegas da industria do mar. Este programa está financiado pola Xunta de Galicia a través da Consellería do Mar.

Competemar acaba de abrir o seu prazo de inscrición.
Coa presentación do formulario de inscrición cubriranse ata un máximo de 30 prazas para participar de xeito gratuíto nesta segunda edición.

Etapas do programa: Formación, Prospeción de Mercados e Oportunidades de Crecemento Internacional

O obxectivo principal deste programa é dotar ás empresas do sector mar-industria de conocementos e ferramentas estratéxicas clave para afianzar a súa internacionalización e facilitar o acceso a mercados internacionais de alto potencial como Estados Unidos e Emiratos Árabes Unidos. O programa proporciona son este obxectivo un paquete de servizos que inclúen: formación especializada en comercio internacional, intelixencia de mercados e apoio práctico na prospección de mercados internacionais. Competemar componse de 4 etapas:

1. Formación especializada en comercio internacional

Mediante un curso formativo deseñado para dotar ás empresas das ferramentas necesarias para elaborar a súa estratexia de internacionalización e orientarse cara aos mercados estratéxicos seleccionados. O curso desenvolverase encinco sesións presenciais, dedicadas a temáticas clave para o comercio internacional no sector, centrado en liderado e negociación internacional, proporcionando aos participantes as habilidades necesarias para xestionar equipos, negociar con éxito en mercados internacionais e adaptarse ás particularidades de cada país, mellorando a súa capacidade de expansión en mercados globais.

O curso realizarase nas seguintes datas: 29 de abril, 13 de maio, 27 de maio, 03 de xuño e 17 de xuño.

2. Mentoring especializado para a internacionalización

Recibirase acompañamento directo de expertos en comercio internacional. Este servizo terá como obxectivo apoiar as empresas no desenvolvemento e implementación dun plan de internacionalización personalizado, adaptado ás súas necesidades e obxectivos específicos. Este servizo incluirá sesións individuais, nas que se tratarán aspectos como a estratexia de entrada en mercados internacionais, a optimización de recursos e a adaptación aos requisitos normativos dos mercados de destino.

3. Prospeción e información de mercados

As empresas terán acceso a informes de intelixencia de mercados que lles permitirán comprender as dinámicas comerciais e as tendencias do sector nos mercados seleccionados, Estados Unidos e Emiratos Árabes Unidos. Esta información incluirá aspectos clave como demanda do consumidor, competencia e distribución comercial, facilitando a toma de decisións informadas para a internacionalización.

4. Misións comerciais directas aos mercados clave de Estados Unidos e Emiratos Árabes Unidos

Poderase explorar as dinámicas comerciais de primeira man, identificar oportunidades de negocio e analizar os requisitos normativos e culturais dos mercados de destino. Estas misións estarán acompañadas de axendas B2B e networking, permitindo ás empresas establecer contacto directo con posibles socios e distribuidores nos mercados obxectivo. Ademais, Competemar implementará un sistema de cheques de internacionalización de ata 2.000€, destinados a apoiar a participación das empresas nas misións internacionais, cubrindo parte dos gastos asociados á súa participación e facilitando a súa inserción nos mercados internacionais seleccionados.

Taste of The Sea

Complementariamente desenvolverase Taste the Sea é un evento gastronómico único que se celebrará en Estados Unidos en 2025, co obxectivo de promocionar os produtos do mar galegos entre compradores e prescritores internacionais. Durante o evento, as empresas participantes terán a oportunidade de presentar a calidade e a diversidade dos seus produtos a través de degustacións e showcookings, permitindo aos asistentes experimentar de primeira man os sabores do mar de Galicia. Este evento tamén servirá como plataforma para crear novas relacións comerciais e fortalecer la presencia internacional dos produtos do mar galegos no mercado estadounidense.

Participación no Programa

As empresas interesadas poden optar a dous tipos de apoio a través desta convocatoria.

  • A modalidade Empresa Excelente cobre a participación nun curso formativo en Comercio Internacional, así como o acceso ao servizo de apoio e intelixencia de mercados enfocado en Estados Unidos e Emiratos Árabes Unidos.
  • De entre as empresas excelentes, seleccionaranse 10 Empresas Élite que accederán ao servizo de coaching personalizado e a cheques de viaxe de ata 2.000€ para participar en misións comerciais. Para acceder a esta modalidade, as empresas deberán cumprir cos seguintes requisitos:
    • Demostrar un alto potencial de internacionalización
    • Ter un encaixe adecuado no mercado de destino
    • Ter aproveitado de maneira efectiva o curso formativo en Comercio Internacional.

Presentación de solicitudes

As solicitudes poderanse presentar a través do formulario en liña ata o 24 de abril de 2025, data na que rematará o proceso de selección. A participación é completamente gratuíta para as empresas seleccionadas.

Event Schedule Details

  • 24 Abril 2025
Compartir
Engadir ao Calendario