Convocatoria Conecta Hubs 2021: axudas a proxectos colaborativos de innovación dixital

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), publicou a convocatoria do programa CONECTA Hubs 2021 de axudas para proxectos colaborativos nas áreas estratéxicas dos Hubs de innovación dixital, que permitan avanzar na súa especialización e consolidación dentro do marco da RIS3 Galicia.

En total, a convocatoria destinará 6,8 millóns de euros ao financiamento de proxectos colaborativos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación. Nesta ocasión, o Programa Conecta Hubs 2021 puxo en marcha un modelo colaborativo baseado no papel dos Hubs (DATAlife y DIHGIGAL) como entidades colaboradoras do programa.

Os proxectos que se presenten deben estar orientados ao mercado e a xerar coñecemento, tecnoloxías e innovacións encamiñadas a mellorar os procesos de dixitalización e a crear produtos e servizos tecnoloxicamente avanzados e de maior valor engadido, que revertan nas pemes galegas e melloren a súa competitividade.

Poderán combinar o dixital con outras tecnoloxías habilitadoras para maximizar os beneficios da dixitalización, valorando tamén, de forma especial, a súa coherencia con outras áreas estratéxicas para a Unión Europea, como o Pacto Verde ou a Innovación Responsable.

Beneficiarios da convocatoria

Agrupacións de empresas, que poderán ser pequenas, medianas ou grandes.

Os proxectos deberán realizarse sempre en cooperación entre pemes formando unha agrupación. A participación de cada empresa deberá estar xustificada, ser relevante e equilibrada, e non poderá superar o 65% do orzamento subvencionable total do proxecto.

Ademais, poderán incluírse nos proxectos grandes empresas cando exerzan un efecto tractor no proxecto, pero sempre cunha participación limitada (só na liña 1).

Requisitos que deben ter os proxectos

Diferéncianse dúas liñas segundo a tipoloxía de proxecto:

  • Liña 1: proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental ou innovación en proceso ou organización
    • Orzamento: entre 500.000 euros e 1.500.000 euros. Non se exixirá un orzamento mínimo por empresa.
    • Composición das agrupacións: 2-6 empresas, poderá participar só unha grande empresa cunha participación limitada a un máximo do 25 % do orzamento subvencionable
    • Duración: proxectos plurianuais, a rematar antes do 30 de abril de 2023
    • Intensidade de axuda:
      • Investigación industrial: 80% para pequenas empresas; 75% para mediana empresa; 65% para grande empresa.
      • Desenvolvemento experimental: 60% para pequenas empresas; 50% para mediana empresa; 40% para grande empresa.
      • Innovación en materia de procesos e organización: 50% para pequenas empresas; 50% para mediana empresa; 15% para grande empresa.

Un mesmo proxecto non poderá recibir unha axuda total que supere 1.000.000 euros.

  • Liña 2: proxectos de innovación en produto
    • Orzamento: entre 250.000 euros e 600.000 euros
    • Composición das agrupacións: 2-6 empresas, todas elas pemes
    • Duración: os proxectos poderán ser plurianuais
    • Intensidade de axuda: O importe máximo da subvención será do 80 % do investimento subvencionable. Un mesmo proxecto non poderá recibir unha axuda total que supere 400.000 euros.
    • Minimis: Nas axudas concedidas ao abeiro da liña 2 deberá terse en conta que o importe total das axudas de minimis concedidas por un Estado membro a unha única empresa non excederá 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais.

Prazo de presentación de solicitudes

As entidades interesadas en presentar solicitude á convocatoria deben facelo a través da sede electrónica da Xunta de Galicia. O prazo para facelo é de 45 días hábiles a partir do día seguinte á publicación no DOG, que se produciu o 15 de febreiro de 2021.

Event Schedule Details

  • 22 Abril 2021
Compartir
Engadir ao Calendario