Obxecto da axuda
Esta liña de axudas diríxese a pemes exportadoras que desexen mellorar e consolidar o seu posicionamento internacional a través da execución dun plan de acción, para o que contarán coa colaboración dun mentor pertencente a unha gran empresa española para a súa definición.
Organismo convocante
Cámara de Comercio de España
Beneficiarios
PEMEs exportadoras
Actividades elixibles
As actividades elixibles nesta liña de axuda agrúpanse en dúas grandes áreas:
– Bono de Mentoring
– Axuda económica para a execución do Plan de Acción Internacional
Gastos elixibles
- Capacitación directiva para o persoal da empresa das áreas implicadas na internacionalización.
- Consultoría avanzada de internacionalización.
- Actividades de promoción, difusión e publicidade nos mercados obxecto do plan de acción.
- Estudos de viabilidade e asesoría xurídica para a implantación comercial no exterior.
Tipo, cuantía e intensidade da axuda
Subvención e entrega diñeiraria sen contraprestación.
A empresa recibirá ata un máximo de 30.000 euros como axuda económica, sobre un presuposto máximo elixible de 36.750 euros que serán distribuídos da seguinte forma:
- Bono de Mentoring por valor de 3.000 euros que será financiado ó 100% polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR).
- Axuda económica de ata 27.000 euros para a execución do Plan de Acción Internacional, sobre un presuposto máximo elixible de 33.750 euros, cofinanciados polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) nun 80%
Presentación de solicitudes
Fecha de finalización: 31/03/2024 ás 14:00 horas.