Kit Dixital é unha iniciativa do Goberno de España, cuxo obxectivo é subvencionar a implantación de solucións dixitais dispoñibles no mercado. Trátase de axudas para a dixitalización de pequenas empresas, microempresas e persoas en situación de autoemprego, no marco da Axenda España Dixital 2025, o Plan de Dixitalización PYMEs 2021-2025 e o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia de España -Financiado pola Unión Europea- Next Xeration EU
Ministerio de asuntos económicos e transformación dixital
Pequenas empresas, microempresas e persoas en situación de autoemprego cuxo domicilio fiscal estea situado en territorio español en situación de autoemprego para a adopción de solucións de dixitalización dispoñibles no mercado. O beneficiario deberá empregar a axuda concedida, cuxo dereito de cobramento se denomina «bono dixital», na contratación dunha ou varias solucións de dixitalización das dispoñibles nun catálogo de solucións de dixitalización do programa, formalizando para iso acordos de prestación de solucións de dixitalización cos axentes dixitalizadores adherido, que prestarán servicios ou instalarán as correspondentes solucións dixitais.
Establécense para tal efecto os seguintes segmentos de beneficiarios segundo o número de empregados e a categoría de empresa:
Non poderán ser beneficiarias as persoas físicas ou xurídicas que sexan axentes dixitalizadores adheridos, nin aquelas coas que estes contraten ou subcontraten para a prestación, en todo ou en parte, de solucións de dixitalización.
Os beneficiarios deben cumpri-los seguintes requisitos: te-la consideración de pequena empresa ou microempresa, estar inscrito no Censo de empresarios, profesionais e retedores da Axencia Estatal de Administración Tributaria, non te-la consideración de empresa en crise, non supera-lo límite de axudas de minimis e dispoñer da avaliación do Nivel de Madurez Dixital, de acordo co test de diagnóstico dispoñible na plataforma Acelera peme.
O beneficiario e o Axente Dixitalizador Adherido garantirán o pleno cumprimento do principio de «non causar dano significativo» (principio Do No Significant Harm –DNSH–)
O Catálogo de Solucións de Dixitalización do Programa ten, exclusivamente, a función de facilitar o acceso á axuda económica e a selección por parte do beneficiario, de solucións dispoñibles no mercado:
Serán subvencionables os gastos en que incorra o beneficiario para a adopción das solucións de dixitalización dispoñibles no catálogo de solucións de dixitalización do programa que, de maneira indubitada, respondan á natureza da actividade subvencionada
Non se consideran subvencionables: as actividades excluídas no artigo 11.2 da orde, impostos sobre as rendas de persoas físicas ou sociedades, xuros das débedas, mora, recargas, sancións administrativas, gastos derivados de procedementos xudiciais, gastos financeiros, gastos de infraestructura e obra civil, terreos, hardwares, servicios de telecomunicación e conectividade á Internet, gastos por prestación de servicios de asesoría, de xestoría ou de similar.
A axuda concederase mediante a correspondente resolución administrativa do órgano concedente (cuxo dereito ao cobramento se denomina, «bono dixital»), cuxa efectividade estará suxeita á súa correcta xustificación polas seguintes contías:
Así mesmo, os importes máximos de axuda por Categoría de Solucións de Dixitalización e segmento son: Segmento I (125 euros-6.000 euros por Categoría de Solucións de Dixitalización); Segmento II (125 euros-2000 euros por Categoría de Solucións de Dixitalización); Segmento III (125 euros-2000 euros por Categoría de Solucións de Dixitalización)
(*) Bono dixital: Dereito ao cobramento do importe das axudas que se concedan
Presentación de solicitudes:
Data límite para presentar solicitudes: 31/12/2024. Forma de tramitación desde a plataforma Acelera pyme.