O proxecto F2F Health Matters, impulsado polo Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), acaba de lanzar a segunda convocatoria de apoio á internacionalización de pemes. Nesta ocasión,e tras ter lanzado unha primeira convocatoria enfocada ao mercado canadiense, o consorcio do proxecto seleccionou Xapón coma segundo país destino.
Esta convocatoria supón unha oportunidade única para que as pemes europeas que forman parte da cadea de valor dos alimentos expandan o seu negocio ao mercado xaponés.
As pemes interesadas na internacionalización a Xapón poden optar a tres tipos de apoio diferentes a través desta convocatoria. A modalidade “Comercial Lead Support” cobre os servicios de consultaría de prospeción comercial en Xapón, proporcionando ás empresas apoio personalizado de provedores de serviczos externos cun excelente coñecemento deste mercado.
A segunda modalidade de apoio que as pemes poden solicitar, “Travel Aid”, apoia a súa participación nunha misión colectiva de internacionalización a Xapón cun reembolso de ata 2.000€ dos seus gastos de viaxe. Esta misión está fixada provisionalmente para finais de xuño de 2023, coincidindo coa JAPAN’S FOOD” EXPORT FAIR. Embarcarse na misión comercial outorgaría ás empresas a posibilidade de coñecer a socios comerciais potenciais, dando lugar a novos acordos e colaboracións.
De forma complementaria a estas dúas axudas financeiras, as pemes poden optar a formar parte do “Elite Programme” de F2F Health Matters, que consiste nun programa de formación e coaching a medida e orientado ao mercado, que aborda cuestións técnicas e de innovación para a internacionalización a través dunha comunidad online.
As pemes poden presentar as súas solicitudes a través do formulario online da web do proxecto ata o 14 de decembro de 2022. O proceso de selección finalizará a mediados de decembro de 2022, e irá seguido de sesións de formación especializada e servizos de consultaría personalizados para as empresas beneficiarias. Toda a información sobre esta convocatoria, a presentación de solicitudes e o proceso de selección pode consultarse na sección “Get Involved” da web do proxecto.
A primeira convocatoria de F2F Health Matters, cuxo país destino é Canadá, seleccionou ás pemes beneficiarias dos tres tipos de apoio no mes de xuño. A finais de novembro tivo lugar a misión de internacionalización a este mercado, na cal participaron as empresas socias de Clusaga Mieles Anta e Quescrem.