Esta axuda busca facilitar a promoción e o coñecemento sobre os viños galegos en países fóra da Unión Europea para mellorar a competitividade dos mesmos. Os programas postos en marcha dentro destas axudas terán lugar entre o 1 de xaneiro de 2025 e o 31 de decembro de 2025.
Consellería de Medio Rural – Xunta de Galicia
Empresas vinícolas, organizacións de produtores vitivinícolas e as súas asociacións, organizacións interprofesionais, órganos de xestión e representación das denominacións de orixe protexidas (D.O.) e indicacións xeográficas protexidas (IXP) vitivinícolas, así coma as súas asociacións, tendo todas elas que ter domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia.
Esta axuda contempla coma actividades elixibles aquelas que contribúen a promocionar as características e calidades do viño galego más aló das fronteiras da Unión Europea, para así mellorar a súa competitividade no estranxeiro mediante a apertura, diversificación ou consolidación do mercado nestes países. As actividades elixibles desenvolveranse durante o ano 2025.
Consideraranse gastos subvencionables aqueles que respondan inequivocamente á natureza da subacción subvencionada, se realicen ao longo do período de execución do programa correspondente e sexan aboados polo beneficiario con anterioridade á solicitude de pagamento, salvo as excepcións que poida establecer o órgano competente. Serán subvencionables tamén:
O gasto será subvencionable sempre que se cumpran as seguintes condicións:
Subvención e entrega diñeiraria sen contraprestación.
A axuda financeira da Unión para as accións de promoción e comunicación non superará o 50 % dos gastos subvencionables, tal e como se establece no artigo 59.7 do Regulamento (UE) nº 2021/2115, do Parlamento Europeo e do Consello.
A contía máxima de axuda solicitada por empresa vinícola non poderá superar o 5 % do orzamento total destinado á intervención de promoción, recollido na ficha financeira da intervención sectorial vitivinícola para o exercicio financeiro correspondente.
As solicitudes de axuda presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. O prazo para solicitar esta axuda remata o 15 de setembro de 2024.