O proxecto B-Resilient establece un ambicioso paquete de accións de apoio para capacitar ás pemes de transformación alimentaria para que sexan máis resilientes mediante un uso óptimo da biomasa e con solucións dixitais axeitadas. Neste contexto, as pemes poden solicitar tres tipos de apoio financeiro: (a) Plan de Continuidade de Negocio (b) Innovación e (c) Internacionalización.
Proxecto europeo B-RESILIENT.
(*) UE 27, ou un país non pertencente á UE poderá ser elixible sempre que as negociacións para un Acordo de Asociación SMP (Single Market Programme) entre a UE e ese país non pertencente á UE estean en curso na data límite da convocatoria aberta do FSTP (Financial Support for Third Parties), o Acuerdo de Asociación SMP entre en vigor antes da firma da subvención do FSTP, e siempre que tamén se cumpran todas as demáis condicións de elixibilidad da convocatoria aberta do FSTP lista de posibles países participantes
(a) Axuda: Plan de Continuidade de Negocio
As accións no marco da axuda para a implantación dun Plan de Continuidade de Negocio deben conducir ás empresas beneficiarias a establecer un plan para recuperar e restaurar a súa actividade empresarial en punto(s) crítico(s) centrado(s) no uso óptimo da biomasa. Pode incluir a identificación de produtos ou servizos chave para o funcionamento de negocio, así como a avaliación do impacto de potenciais disrupcións. En ningún caso farase referencia a actividades de venda, marketing ou similares.
O proxecto pode ser de nova creación ou a actualización dun plan anterior. Debe ser un documento vivo que proporcione á empresa as ferramentas necesarias para facer fronte a alteracións na loxística, a produción ou as materias primas.
O proxecto debe ter unha duración máxima de 6 meses e poderá empezar a partir da firma do Acuerdo de Subvención.
Tipo de candidatura: Individual – 1 peme produtora e/ou transformadora de alimentos.
(b) Axuda: Innovación
A través da axuda para a implantación de Proxectos de Innovación preténdese a introducción de novos procesos ou produtos que contribúan a aumentar a resiliencia do ecosistema agroalimentario, aproveitamento da biomasa e, en definitiva, acelerar a transición das pemes cara unha economía verde e dixital. A biomasa pode aproveitarse para a cadea de valor alimentaria ou outras cadeas de valor (cosmética, piensos, agricultura, enerxía, química verde, envases…etc), excepto o biogás.
En ningún caso financiarase a compra ou instalación de tecnoloxías avanzadas, senón que se apoiará a súa adopción a través de ensaios de novos procesos e/ou ferramentas de toma de decisións, inclusión de novas liñas de produción ou solucións de rastrexabilidade, entre outros.
O proxecto debe ter unha duración máxima de 12 meses e poderá empezar a partir da firma do Acordo de Subvención.
Tipo de candidatura: Individual – 1 peme produtora e/ou transformadora de alimentos Consorciada – 1 peme produtora e/ou transformadora de alimentos asociada con ata 2 outras pemes provedoras de solucións e/ou provedoras de tecnoloxía de procesos.
(c) Axuda: Internacionalización.
O objetivo da axuda é facilitar ás pemes de transformación alimentaria o acceso a terceoros mercados para comercializar os produtos ou servizos desenvolvidos no ámbito da resiliencia e aproveitamento da biomasa. As accións subvencionables inclúen a busca de potenciais contactos/socios en destino, elaboración de estudos de mercado ad hoc, viaxe a feiras internacionais ou o aluguer dun stand, entre outros.
Terán preferencia as accións destinadas a algunha das rexións obxectivo do proxecto B-Resilient: América do Norte (Canadá e EE.UU.) y Asia (Tailandia, Xapón, Corea do Sur, Singapur e China). En ningún caso serán subvencionables accións de internacionalización dirixidas a países da UE.
O proxecto debe ter unha duración máxima de 12 meses e poderá empezar a partir da firma do Acordo de Subvención.
Tipo de candidatura: Individual – 1 pyeme produtora e/ou transformadora de alimentos.
Axuda:Plan de Continuidade de Negocio | Axuda:Innovación | Axuda:Internacionalización |
· Custos directos de persoal.· Custos de subcontratación (mínimo 50% do total do proxecto).
· Consumibles |
· Custos directos de persoal (máximo 80% do total do proxecto)· Gastos de viaxe.
· Custos de subcontratación. · Gastos de equipo (custo de depreciación) · Consumibles |
· Custos directos de persoal (máximo 50% do total do proxecto).· Custos de subcontratación.
· Gastos de viaxe. · Outros (aluguer de stand, entrada á Feira, etc.)
|
Só se poden subvencionar os gastos xerados durante a vida do proxecto, isto é, dende a fecha de firma do Acordo de Subvención ata a data de fin de proxecto.
Axuda:Plan de Continuidade de Negocio | Axuda:Innovación | Axuda:Internacionalización | |
Contribución mínima por beneficiario | 8.500 € | 13.500 € | 3.750 € |
Contribución máxima por beneficiario | 17.000 € | 27.000 € | 7.500 € |
Contribución máxima por proxecto | 17.000 € | 81.000 € (consorcio de ata 3 socios) | 7.500 € |
Unha peme pode ser beneficiaria de máis dun tipo de axuda. O importe máximo acumulado que se concederá por peme no marco do Proxecto B-Resilient non superará os 60.000€. A mesma norma se aplica ás pemes que participan nun consorcio (proxectos de innovación), subvención máxima de 60.000 € por empresa.
As candidaturas presentadas avaliaranse nun prazo máximo de dous (2) meses a partir do 1 de febreiro, data de peche da convocatoria. As pemes seleccionadas poderán executar as accións correspondentes unha vez que a peme e o coordinador do proxecto teñan firmado un acordo formal de subvención
Os solicitantes deben cumprimentar a plantilla correspondente dispoñiible na páxina web de B-Resilient e presentalo en pdf a través da ligazón correspondente:
Business Continuity Plan Application Submission LINK
Innovation Application Submission LINK
Internationalisation Application Submission LINK
As candidaturas deberán estar redactadas en inglés (non se admitirán candidaturas redactadas total ou parcialmente noutra lingua). Os solicitantes deberán respectar o número máximo de caracteres permitidos en cada cadro de texto do formulario de solicitude. No caso das pemes que se presentan como consorcio, o coordinador presentará unha única proposta.Tras a presentación, o solicitante recibirá un correo electrónico no que se indicará a data e hora da proposta presentada.