O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), abriu a convocatoria de axudas á contratación de xestores de internacionalización, que ten como obxectivo facilitar a adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización e a incorporación ou reinserción ao mercado laboral de profesionais no ámbito do comercio, ao mesmo tempo que se apoia ás pemes galegas no seu proceso de internacionalización, pondo a disposición das pemes e dos organismos empresariais información sobre profesionais con formación especializada e unha subvención a fondo perdido para a súa contratación.
Beneficiarios potenciais
Poderán ser beneficiarios destas axudas as empresas e organismos empresariais que cumpran os seguintes requisitos:
- Pemes, que teñan o seu domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia, que teñan como proxecto iniciar ou consolidar o seu proceso de internacionalización e que estean dadas de en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización ou solicitalo dentro do prazo presentación desta axuda
- Asociacións empresariais, consellos reguladores de denominacións de orixe protexidas, de indicacións xeográficas protexidas e de agricultura ecolóxica, Clústers Empresariais, que representen un colectivo de empresas galegas, e os Centros Tecnolóxicos e Centros de Apoio á innovación tecnolóxica e que estean inscritos con anterioridade ao 31.12.2016 no rexistro establecido ao efecto polo Ministerio de Ciencia e Innovación e teñan o seu domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Os solicitantes terán o seu centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Os solicitantes acreditarán ter un proxecto de internacionalización para o que se require contratar profesionais en comercio exterior.
- Os solicitantes deberán estar ao día das súas obrigacións coa Facenda pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social, e non ser consideradas como empresas en crises a 31 de decembro de 2019. Tamén deberán cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, para ser beneficiario da axuda, e cumprir coas obrigacións do artigo 11 da citada Lei de subvencións.
Requisitos principais do proxecto
Relativas ao xestor de exportación:
- a) Perfís do xestor de exportación
Establécense tres perfiles de xestor por idade. Todos deberán cumprir as condicións xerais (artigo 7.1) e estar dados de alta na bolsa de xestores de internacionalización do Igape na data da solicitude de cobro. A intensidade da axuda irá acorde co devandito perfil.
- Mozos profesionais nados/as a partir do 1 de xaneiro de 1985.
- Profesionais nados despois de 1 de xaneiro de 1975 e antes do 1 de xaneiro de 1985.
- Profesionais sénior en paro de difícil reinserción laboral de idade igual ou superior a 45 anos (nacidos antes do 1 de xaneiro de 1975).
- b) Os xestores deben contar con titulación universitaria ou coa titulación de formación profesional de técnico superior en comercio internacional ou cun certificado de profesionalidade de comercio exterior ou comercio internacional.
- c) No caso de que a titulación do xestor (7.1.a) non sexa específica de comercio internacional, deberán acreditar unha das seguintes opcións:
- Bolsa de prácticas de posgrao en internacionalización empresarial por un período igual ou superior a 6 meses, en organismos públicos nacionais ou estranxeiros, dentro do ámbito da internacionalización empresarial.
- Máster de comercio exterior.
iii. Certificado de profesionalidade de comercio exterior ou comercio internacional.
- Curso completo de comercio exterior de duración igual ou superior a 140 horas.
- d) Deberán estar dados de alta como demandantes de emprego (ou demandantes de mellora de emprego) no Servizo Público de Emprego de Galicia na data da contratación.
Investimentos ou gastos computables
- Será subvencionable o custo dos contratos laborais por conta allea a tempo completo de xestores de internacionalización, baixo calquera das modalidades previstas na lexislación laboral vixente no momento da contratación, acordes á finalidade de axuda, excepto contratos de alta dirección.
- O período de contratación subvencionable será o establecido na resolución da concesión de axuda, sen que poida superar dezaoito meses.
- O custo subvencionable estableceuse como un baremo estándar de custo unitario. Para determinar o seu importe tomouse como referencia o salario medio do sector do comercio para o ano 2019, que segundo os datos da AEAT que constan no IGE ascendería a 18.845 €/ano (1.570,42 €/mes con prorrateo das pagas extra).
Contía das axudas
- A contía da axuda calcúlase aplicando as seguintes porcentaxes sobre o custo subvencionable indicado no apartado 5 do artigo anterior:
- a) 85 % no caso de mozos profesionais nados/as a partir do 1 de xaneiro de 1985.
- b) 90 % no caso de mulleres ou mozas de calquera xénero inscritos no Sistema nacional de garantía xuvenil.
- c) 80 % no caso de profesionais nados despois do 1 de xaneiro de 1975 e antes do 1 de xaneiro de 1985.
- d) 90 % no caso de profesionais sénior en paro de difícil reinserción laboral de idade igual ou superior a 45 anos (nacidos antes do 1 de xaneiro de 1975).
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes da axuda finalizará o 30 de maio de 2021, salvo que se produza o suposto de esgotamentos de crédito. Realizarase mediante formulario electrónico a través da aplicación establecida en http://www.tramita.igape.es.