A Xunta de Galicia convoca a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) o programa Re-acciona de axudas aos servizos de desenvolvemento estratéxico, profesionalización, innovación e dixitalización de pemes, en réxime de concorrencia competitiva.
Quen pode solicitar estas axudas do programa Re-acciona?
As pequenas e medianas empresas (pemes), incluíndo os autónomos, comunidades de bens, asociacións, fundacións ou calquera tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, leven a cabo actividade empresarial. En calquera caso, deberán ter radicado algún centro de traballo en Galicia, e cumprir a definición de peme.
Contía das axudas
As axudas previstas nestas bases reguladoras configúranse en especies, segundo a disposición adicional terceira da lei 9/2007. Dita axuda confórmase como a diferenza entre o custo abonado polo Igape pola prestación do servizo e o importe esixido ás beneficiarias en concepto de cofinanciamiento.
O importe de cofinanciamiento privado pode consultarse no artigo 3 das bases reguladoras.
Ás empresas que finalizasen un ou varios servizos do mesmo tipo nos dous anos anteriores á solicitude aplicaráselles un aumento de cofinanciamiento dun 20% por cada un dos servizos do mesmo tipo reiterados neste período.
Datas e procedemento de presentación de solicitudes
Os prazos para a presentación de solicitudes son os seguintes:
A solicitude da convocatoria debe facerse a través da páxina web do IGAPE.