Convocatoria de Bolsas Competemar para o Programa de Dirección de Empresas Alimentarias (DEA)

O Programa para a Mellora Competitiva das Empresas do Mar (Competemar), impulsado polo Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) e financiado pola Xunta de Galicia a través da Consellería do Mar, abre a convocatoria de bolsas exclusivas para empresas do sector mar-industria na edición 2025 do Programa de Dirección de Empresas Alimentarias (DEA).

O DEA, desenvolvido en colaboración con San Telmo Business School, é unha formación executiva de referencia no sector alimentario, orientada a mellorar a capacidade de liderado e a toma de decisións estratéxicas nun entorno empresarial cambiante.

Bolsas Competemar para empresas do sector mar-industria

Como parte das accións de Competemar, ofrécese apoio económico para a participación de empresas do sector mar-industria neste programa formativo de alto nivel.

  • Importe da bolsa: 3.000€ de axuda directa para a matrícula do programa. Compatibles co Permiso Individual de Formación (PIF), permitindo reducir significativamente o custo do programa.
  • Requisitos: Dirixido exclusivamente a empresas do sector mar-industria que cumpran os criterios de admisión do programa.
  • Prazo de solicitude: Aberto ata completar as 15 prazas dispoñibles.

Sobre o Programa DEA

O Programa de Dirección de Empresas Alimentarias (DEA) xa ten a súa convocatoria aberta para a edición 2025 e está dirixido a directivos, responsables de área e profesionais con experiencia no sector. A formación aborda áreas clave como:

  • Estratexia e toma de decisións directivas
  • Dirección comercial e marketing
  • Finanzas e control de xestión
  • Operacións e cadea de subministración
  • Liderado e xestión de equipos

Inscrición e máis información

Para máis información sobre a convocatoria de bolsas Competemar e o proceso de solicitude, contactar a través do correo administracion@clusaga.org ou no teléfono 981 556 062.

Event Schedule Details

  • 3 Abril 2025
Compartir
Engadir ao Calendario