EIT Food é a comunidade de innovación alimentaria máis grande do mundo responsable de crear conexións en todo o sistema alimentario. Co apoio da UE, invirte en proxectos, organizacións e individuos que comparten obxectivos para un sistema alimentario saudable e sustentable.
O obxectivo desta convocatoria é maximizar o impacto social, económico e ambiental das ideas innovadoras e os consorcios dentro do ámbito do EIT Food, coma se describe na súa Axenda Estratéxica 2021-27.
EIT Food busca proxectos que poñan novos produtos no mercado, introduzan novos e mellorados procesos e servizos comerciais e acaden:
Agárdase que as solucións innovadoras propostas dean lugar a novos produtos no mercado, novos ou mellorados procesos e servizos comercialmente viables para o beneficio final dos cidadáns europeos.
Os participantes dos Estados membros (EM) da Unión Europea (UE) e dos países asociados de Horizonte Europa son benvidos a presentar propostas. Non ten que ser unha organización asociada existente ou membro de EIT Food para solicitar financiación.
Non obstante, para participar é necesario formar parte dun consorcio, o cal debe estar formado por un mínimo de tres organizacións pertencentes a 2 países diferentes e elixibles. Asimesmo, os membros do consorcio deben representar, cando menos, dous lados do triángulo do coñecemento: educación, investigación e empresa/industria.
As propostas presentadas nesta convocatoria deben abranguer algunha das seguintes 6 áreas:
Dentro de cada área de interese se pedirá ás propostas que seleccionen os retos específicos aos que se dirixe a súa solución de innovación (ver anexo 2: Desafíos da área de innovación).
Todos os custos deben cumprir coa normativa de Horizonte Europa en canto á elixibilidade dos gastos (artigo 6 do Model Grant Agreement e o Annotated Model Grant Agreement)
As propostas deben cumprir cos seguintes umbrais máximos:
A asignación máxima de financiación para esta convocatoria é de ata 1,2 millóns de euros por actividade durante un máximo de 24 meses de actividade e até 600.000 euros por actividade durante 12 meses.
O IET Food financiará até o 70% do total dos custos subvencionables da actividade. Por iso, o consorcio deberá cofinanciar un mínimo do 30% do total dos custos subvencionables do proxecto con fontes de financiación distintas da financiación da UE.
Apertura da convocatoria: 19 de agosto 2022
Ventana de envío 1:
Comunicación aos solicitantes: seleccionados ou non, antes do 16 de xaneiro de 2023
Ventana de envío 2:
Comunicación aos solicitantes: seleccionados ou non, antes do 11 de xullo de 2023