O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) lanza esta convocatoria de manifestación de interese para coñecer que empresas asociadas están interesadas en participar como expositoras ou como asistentes na Feira Anuga FoodTec 2024.
Trátase da feira líder de tecnoloxía da industria dos alimentos e bebidas que se celebra cada tres anos en Colonia, Alemaña. É a única feira comercial no mundo que cobre todo o espectro da produción de alimentos, o que a convirte na plataforma líder de información e aprovisionamento.
As persoas asistentes á Feira poderán coñecer as innovacións e visións tecnolóxicas presentes nos diferentes segmentos temáticos abordados pola feira: packaging alimentario, procesado de alimentos, seguridade e analíticas, automatización, dixitalización, medio ambiente e enerxía, ciencia, e intraloxística.
En función do número de empresas interesadas, Clusaga, en colaboración coa Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, quere promover unha misión conxunta para participar en Anuga FoodTec, para que as empresas participantes coñezan de primeira man as novidades e solucións innovadoras presentadas a nivel internacional no ámbito da industria alimentaria.
O apoio de Clusaga para a organización desta misión directa poderá incluír:
Para manifestar interese en asistir á Feira Anuga FoodTec é preciso cumprimentar o seguinte formulario, sendo o 30 de novembro de 2023 a data límite para facelo. Para calquera aclaración ou información adicional, pode consultar o programa completo ou contactar con Clusaga no correo electrónico industria@clusaga.org ou no teléfono 881 023 853.