Convocatoria de Misión Formativa a Xapón “Get Ready for Japan”

Obxecto da axuda

A misión formativa “Get Ready for Japan” busca facilitar o coñecemento e a capacitación das PEMES sobre a cultura de negocios xaponesa, co obxectivo de facilitar a comprensión intercultural e favorecer o fortalecemento das relacións económicas co país asiático. A través dun programa híbrido (sesións online e misión formativa en Xapón) quérese expandir a capacidade das empresas europeas de penetrar no mercado xaponés, establecendo contactos con clientes xaponeses e coñecendo novos posibles socios.

Organismo convocante

EU-Japan Centre for Industrial Cooperation

Beneficiarios

Managers ou executivos de PEMEs exportadoras radicadas na UE

Actividades da Misión Formativa a Xapón

A misión formativa Get Ready for Japan desenvólvese en dúas fases:

  1. Fase formativa online, do 19 ó 23 de maio de 2025. Establécese un programa de actividades formativas online (estudo de casos, ponencias sobre aspectos culturais, estilos de xestión, etc.) para que os participantes coñezan o ambiente de negocios xaponés
  2. Fase formativa en destino, do 9 ó 13 de xunio de 2025 en Tokio. Inclúense seminarios interactivos, obradoiros e reunións con empresas xaponesas de interese. Os intérpretes do EU-Japan Centre facilitarán as reunións.

Requisitos de participación

Ofrécense 14 prazas para participantes.

Os participantes deben ser managers ou executivos de PEMES radicadas na UE e deben contar con:

  • Unha carta de apoio firmada pola empresa para a súa participación
  • Compromiso e dispoñibilidade para participar nas dúas fases do programa formativo (online e en Tokio). Non se permite rotar a participación con compañeiros de traballo que non obtiveran praza como participantes.
  • Ter un bo nivel de inglés (B2 recomendado)

Sobre estes requisitos, o EU-Japan Centre seleccionará os participantes segundo:

  • A estratexia da peme para o mercado xaponés
  • A traxectoria profesional do candidato e a súa posición na peme
  • A motivación do candidato por participar

Costos

O EU-Japan Centre cubre todos os costes relacionados coa formación (contidos, infraestrutura online, espazos formativos en Tokio, intérpretes, transporte para actividades grupais, etc.).

O participante debe correr cos gastos de viaxe e estancia en Xapón, incluíndo aloxamento.

Os participantes seleccionados deberán abonar 1.000€ para reservar a praza. Esta cantidade seralles reembolsada tras a finalización das actividades. O EU-Japan Centre establece unha serie de deducións sobre esa cantidade en caso de ausencia non xustificada das actividades.

Presentación de solicitudes

Ata o 13 de marzo de 2025 a través de formulario online.

Event Schedule Details

  • 13 Marzo 2025
Compartir
Engadir ao Calendario