Convocatoria de misións RIS3 (IN856C)

Obxecto da axuda

Promover a realización de proxectos de I+D+i e investimento produtivo de carácter estratéxico para contribuír ás Misións de Especialización Intelixente definidas no marco da Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia 2021-2027.

Misións

  • Misión 1: Contribuír á mitigación e adaptación ao cambio climático do sector primario de Galicia, a partir da redución da súa pegada nun 10% (carbono, hídrica, ecolóxica) en 2030 mediante a circularidade e a simbiose entre actuacións, así como a rexeneración dos ecosistemas.
  • Misión 2: Contribuír á redución do 57% das emisións de gases de efecto invernadoiro en Galicia, con respecto a 1990, para o ano 2030 incrementando a reutilización de materias primas, produtos e materiais xa presentes no ciclo produtivo.
  • Misión 3: Contribuír, de cara ao 2030, a incrementar os anos de vida saudable de 84 a 88, mediante a redución de enfermidades ou problemas de enfermidades non transmisibles e a mellora da calidade de vida (hábitos e contornas saudables e seguras).

Organismo convocante

Axencia Galega de Innovación

Beneficiarios

Empresas: Mínimo tres empresas, incluíndo unha empresa tractora e dúas empresas peme. As empresas tractoras poden ser de calquera tamaño, sempre que xustifiquen a súa capacidade de tracción segundo o Anexo I.

Outras entidades (non obrigatorias):

  • Organismos públicos de investigación.
  • Universidades públicas, os seus departamentos e institutos universitarios.
  • Outros centros públicos de I+D vinculados á Administración Xeral do Estado, a administracións territoriais e os seus organismos.
  • Entidades e institucións sanitarias públicas e privadas con actividade investigadora.
  • Centros Tecnolóxicos e Centros de Apoio á Innovación Tecnolóxica inscritos no Rexistro de Centros Tecnolóxicos e Centros de Apoio á Innovación Tecnolóxica regulados polo Real Decreto 2093/2008.
  • Entidades sen ánimo de lucro realizando actividades de I+D, xerando coñecemento científico ou tecnolóxico, facilitando a súa aplicación, transferencia ou proporcionando servizos de apoio á innovación.
  • Agrupacións ou asociacións empresariais que realicen proxectos e actuacións de I+D+i.

Porcentaxes de participación en cooperación:

  • Orzamento global de pemes participantes non inferior ao 30% dos custos subvencionables.
  • Orzamento global de organismos de investigación e difusión de coñecementos entre o 10% e o 40% do custo total subvencionable do proxecto.
  • Ningún membro do consorcio pode ter un orzamento individual inferior ao 10% ou superior ao 70% do custo total subvencionable do proxecto.

Contido mínimo do acordo de consorcio:

  • Distribución de actividades, orzamento total e achegas individuais dos membros.
  • Acordo de representación e elección do representante ante a Administración.
  • Xestión do consorcio, plan de contingencias e distribución de responsabilidades ante dificultades.
  • Termos para dar de baixa na participación do consorcio ou a súa extinción.
  • Suxeto á resolución de concesión da axuda: Orzamento e actividades.

Actividades elixibles

Proxectos en colaboración que deben enmarcarse en desafíos e prioridades de RIS3 e contribuír a algunha das tres Misións de Especialización Intelixente.

Duración mínima de 2 anos e máxima de 3 anos e 6 meses.

Todos os proxectos deben respectar o principio DNSH, segundo o Regulamento (UE) 2021/1060.

Tipos de Proxectos Financiables:

  • Investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación organizativa en procesos e produtos.
  • Investimento produtivo vinculado á parte científico-tecnolóxica do proxecto.

O orzamento total debe axustarse a porcentaxes específicas, con excepcións para certos sectores.

A cualificación da actividade subvencionable para cada entidade beneficiaria, excepto a parte de investimento produtivo, será única e corresponderase coa predominante en investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación organizativa.

As axudas considéranse incentivadoras se a solicitude se presenta antes do inicio do proxecto, promovendo actividades complementarias.

As actividades do proxecto non deben ter comezado antes da presentación da solicitude. As axudas ad hoc para grandes empresas deben demostrar un aumento substancial no alcance ou o importe total investido.

Os estudos de viabilidade previos non incluídos na solicitude non se considerarán para a determinación da data de inicio do proxecto.

Data de Inicio do Proxecto:

Non só se refire á data de imputación de gastos, senón ao inicio real das actividades do proxecto.

Gastos elixibles

  • Os gastos subvencionables deben ser necesarios para a actividade subvencionada.
  • O custo de adquisición non pode superar o valor de mercado.
  • Para o ano 2024, só se aceptarán gastos realizados entre a data de presentación da solicitude e a data límite de execución.
  • Para outras anualidades, aceptaranse gastos realizados entre as datas límite de execución da anualidade anterior e a anualidade actual.

Custos Subvencionables:

  • Custos directos, incluíndo persoal, equipo, materiais, patentes, subcontratacións e outros custos específicos.
  • Custos indirectos, como gastos administrativos, supervisión, suministros, seguros, limpeza (15% dos custos directos de persoal).

Custos de Persoal:

  • Subvención para custos de persoal propio e de nova contratación.
  • Límites para custos de persoal propio (máximo do 60% do custo subvencionable).
  • Pode subvencionar custos de persoal directivo e xerencial para pemes (máximo do 30% da dedicación mensual).
  • Algúns custos de persoal non son subvencionables.

Custos de Equipamento e Material:

  • Subvención para a adquisición de equipo e material.
  • Permitiranse custos de arrendamento baixo condicións específicas.

Materiais, Subministros e Produtos Similares:

  • Subvención para gastos de materiais directamente relacionados con I+D+i.
  • Os materiais de oficina e os consumibles informáticos non se financian neste concepto.

Outros Custos:

  • Subvención para o informe do auditor.
  • Subvención para o informe de avaliación do impacto ambiental (DNSH).
  • Subvención para a execución do plan de comunicación e difusión do proxecto.

Tipo, cuantía e intensidade da axuda

Tipo: Subvención

Intensidade da axuda:

  1. I+D+i: Entre o 50% e o 70%, excepto proxectos que non poidan contar con investimento produtivo (poden chegar ao 100%).
  2. Investimento produtivo: Mínimo do 30% e máximo do 50%, excluído en certos sectores e actividades:
  • Producción agrícola primaria.
  • Produtos de pesca e acuicultura.
  • Sector do transporte.
  • Sectores do carbón, liño e aceiro.
  • Producción, almacenamento, transporte e distribución de enerxía, así como infraestruturas de enerxía.
  • Investimentos en medidas de eficiencia enerxética.
  • Investimentos destinados a reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro.
  • Investimentos na eliminación de residuos.
  • Investimentos para aumentar a capacidade de instalacións de tratamento de residuos, excluíndo investimentos en tecnoloxías para a recuperación de materiais de residuos con fins de economía circular.

Pequena empresa:

  • Investigación industrial con colaboración efectiva entre empresas ou con un ou varios organismos de investigación e difusión de coñecemento, asumindo polo menos o 10% dos custos subvencionables. O organismo ten dereito a publicar os resultados da súa propia investigación: 60%
  • Desenvolvemento experimental con colaboración efectiva entre empresas ou con un ou varios organismos de investigación e difusión de coñecemento, asumindo polo menos o 10% dos custos subvencionables. O organismo ten dereito a publicar os resultados da súa propia investigación: 60%
  • Innovación organizativa, en materia de procesos ou de produto: 50%
  • Investimento produtivo para pemes: 35%

Mediana empresa:

  • Investigación industrial con colaboración efectiva: 60%
  • Desenvolvemento experimental con colaboración efectiva: 50%
  • Innovación organizativa: 50%
  • Investimento produtivo para pemes: 25%

Gran empresa:

  • Investigación industrial con colaboración efectiva: 60%
  • Desenvolvemento experimental con colaboración efectiva: 40%
  • Innovación organizativa: 15%

Cuantía: Orzamento mínimo de 600.000 euros e máximo de 5.000.000 euros (IVA non incluído).

As axudas concedidas pola Axencia Galega de Innovación e o Instituto Galego de Promoción Económica, en virtude desta convocatoria, serán incompatibles coa percepción doutras axudas, ingresos ou recursos de calquera administración ou entidade pública ou privada, nacional ou internacional, destinados á mesma finalidade ou aos mesmos custos.

Presentación de solicitudes

Fecha de apertura: 14/02/2024

Fecha de cierre: 14/04/2024

Event Schedule Details

  • 14 Abril 2024
Compartir
Engadir ao Calendario