Financiar proxectos internacionais de colaboración en I+D e innovación en todos os ámbitos.
Convocada por eurostars.
Avaliadores independentes puntuarán a súa solicitude de proxecto en función de tres criterios e os seus subcriterios:
Debe ser un proxecto internacional de colaboración en I+D en calquera campo a través do cal se desenvolvan produtos, procesos ou servizos que poidan comercializarse fácilmente, é dicir, ten que ter exclusivamente aplicacións civís.
O orzamento das PEMEs dun país Eurostars (excluída calquera subcontratación) é igual ou superior ao 50% do custo total do proxecto.
O importe do financiamento que recibe a súa organización cando participa nun proxecto o xestiona o seu organismo nacional de financiamento. As normas de financiamento varían dun país a outro e o seu organismo nacional de financiamento decide:
– qué organizacións poden recibir financiamento,
– qué actividades do proxecto poden financiarse e
– as porcentaxes de financiamento.
Pode descubrir que financiamento está dispoñible para a súa organización en https://eurekanetwork.org/ e poñéndose en contacto co seu organismo de financiamento nacional ou rexional a través do seguinte formulario.
Pode presentar a súa solicitude ata o 4 de setembro ás 14h CEST mediante a seguinte ligazón.









