O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico establece as bases reguladoras e efectúa a convocatoria para a concesión de axudas ao impulso da economía circular.
Obxectivo da axuda
Proxectos e actuacións que contribúan de forma substancial á sustentabilidade e circularidade dos procesos industriais e empresariais, ca finalidade de mellorar a competitividade e innovación do tecido industrial no marco dunha economía circular.
Beneficiarios
Calquera persoa xurídica de dereito privado con personalidade xurídica propia, entidades de economía social que non formen parte do sector público, agrupacións de entidades de economía social participadas por, polo menos, unha peme, start-up ou entidade de economía social.
Actuacións subvencionables
Serán subvencionables as actuacións que pertenzan ás seguintes categorías:
- Redución do consumo de materias primas vírxenes
- Uso de subproductos
- O uso de materiais procedentes de residuos
- A remanufactura de produtos
- Incremento da eficiencia do uso de materiais (excluídas a eficiencia hídrica e enerxética)
- Ecodeseño e posta no mercado de productos
- Aumento da vida útil dos produtos/segunda utilización do producto
- Incremento da reparabilidade dos produtos
- Cambios cara a produtos reutilizables e modelos de reutilización
- Mellora na reciclabilidade.
- Substitución de substancias perigosas en materiais e productos
- Desenvolvemento ou cambio cara a modelos de consumo baseados nos servizos.
- Mellora da xestión de residuos.
- Desenvolvemento de sistemas e infraestruturas de tratamento de residuos (exclúese o uso para combustibles)
- Investimentos en sistemas e infraestruturas (exclúense as destinadas ao tratamento e rexeneración de augas residuais.
- Transformación dixital de procesos (plataformas, servizos da internet das cousas, big data, redes de conectividade, intelixencia artificial, impresión 3D e/ou tecnoloxía blockchain)
Importante que ter en consideración realizar a autoavaliación favorable e declaración e, no seu caso, informe de validación do principio de DNSH baixo un esquema de acreditación de organismos de verificación e validación para o cumprimento do principio de DNSH por unha entidade independente e acreditada.
Prazo execución
Depende da cantidade da axuda:
- Para axudas entre 150.000 euros e 400.000 euros: ata 31/12/2023
- Para axudas entre 400.000 euros e 2.500.000 euros: ata 31/12/2024
- Para axudas entre 2.500.000 euros e 10.000.000 euros: ata 31/12/2025
Gastos subvencionables
Poderán ser subvencionables:
- Custos de persoal exclusivamente contratado para o proxecto
- Servicios externos (redacción dos proxectos técnicos, custos de execución de obras, edificacións, laboratorios e/ou instalacións)
- Material inventariable (equipos, software, aparellos, arrendamentos de instalacións, instrumental, custos de adquisición de bens de segunda man)
- Custos de investigación contractual, coñecementos e patentes adquiridos ou obtidos por licenza de fontes externas
- Material funxible (equipos, subministracións e produtos similares)
- Custos de edificios
- Custos de inversión suplementarios
Tipoloxía e contía da axuda
- Subvención en réxime de concorrencia competitiva
- Cuantía inicial: 192.000.000 euros
- As axudas situaranse entre 000 euros e 10 millóns de euros por proxecto e entidade
A porcentaxe máxima de subvención varía segundo o tamaño da empresa:
- Ata un 60% para pequenas empresas e microempresas
- Ata un 50% para medianas empresas
- Ata un 40% para grandes empresas
Prazo de presentación de solicitudes
- Data límite: 23/01/2023
- Tramitación electrónica a través da web de Fundación Biodiversidade.