Convocatoria de proxectos piloto de Hub4Food

Mediante esta convocatoria seleccionaranse 12 proxectos presentados por pemes alimentarias, que desexen colaborar con algún dos centros tecnolóxicos de Hub4Food para a realización de estudos de viabilidade e actividades de demostración de tecnoloxías aplicables a necesidades relevantes da industria alimentaria.

¿Que son os proxectos piloto de Hub4Food?

  • Son proxectos en colaboración entre unha peme alimentaria situada nunha rexión do Espazo Atlántico (incluíndo Galicia) e un centro tecnolóxico de Hub4Food (entre eles, ANFACO-CECOPESCA).
  • Abordan polo menos un dos subsectores alimentarios obxectivo de Hub4Food:
    • Subsectores primarios: panadaría e repostaría, mar-industria, cárnico, lácteo.
    • Subsectores secundarios: alimentos preparados, froitas e hortalizas, bebidas, aceite de oliva.
  • Idealmente, os proxectos piloto deben ter como obxectivo utilizar ou explorar os recursos mariños como fonte de ingredientes ou produtos.
  • Os proxectos piloto poden abordar diferentes temáticas: prolongación da vida útil, formulacións funcionais, aproveitamento de especies mariñas infravaloradas e subprodutos, procesamento avanzado de imaxes, entre outras.
  • As pemes seleccionadas recibirán o beneficio da colaboración co centro tecnolóxico (non recibirán apoio económico directo).
  • Os proxectos piloto teñen unha duración aproximada de uns 8 meses.

¿Como participar?

Se queres beneficiarte dun proxecto piloto:

Evento de difusión

O próximo 23/01/2025 Clusaga e ANFACO-CECOPESCA organizan un evento para dar a coñecer ás empresas alimentarias oportunidades, tendencias, innovacións e casos concretos de desenvolvemento de produtos alimentarios innovadores, especialmente en relación coa utilización dos recursos mariños. Isto inclúe a súa aplicación non só no sector mar-industria, senón tamén noutros subsectores alimentarios. Tamén se presentará esta convocatoria de proxectos piloto.
Se queres asistir, rexístrate AQUÍ.

¿Que é Hub4Food?

Hub4Food (Atlantic Food Innovation Hub) é un proxecto europeo (financiado por Interreg Atlantic Area) coordinado por Clusaga. Hub4Food ten como obxectivo mellorar as capacidades de investigación, desenvolvemento e innovación da industria alimentaria e das organizacións de investigación e tecnoloxía no Espazo Atlántico. Centrase en promover o desenvolvemento de novos e mellorados produtos alimentarios, en particular de orixe mariña. Hub4Food apoiará a adopción de novas tecnoloxías e procesos para impulsar a sustentabilidade e a competitividade no sector alimentario atlántico, ao tempo que mellorará os servizos de apoio ás empresas, en particular ás pemes.

Event Schedule Details

  • 31 Xaneiro 2025
Compartir
Engadir ao Calendario