Obxectivo
Conceder axudas para a mellora da capacidade de innovación e sustentabilidade nas empresas galegas mediante a incorporación do deseño estratéxico de produtos, servizos, experiencias e marcas-identidade corporativa.
Modalidades
Nestas axudas diferéncianse tres ámbitos do deseño segundo o tipo de proxecto a poñer en marcha nas empresas beneficiarias:
- Deseño de produto: concepción e desenvolvemento de produtos novos ou, no caso de redeseño dos xa existentes, que se aprecie unha mellora substancial.
Duración mínima do proxecto: 12 meses.
Posibilidade de integrar no proxecto:
- Deseño circular para conseguir novos produtos sustentables.
- Deseño dixital, sempre que estea asociado ao produto.
- Deseño de identidade, é dicir, elementos de identidade gráfica, envase, embalaxe e comunicación ligados ao produto.
- Deseño de servizos e experiencias: concepción e desenvolvemento de servizos e experiencias novos ou, no caso de redeseño dos xa existentes, que se aprecie unha mellora substancial desde o punto de vista estético, funcional, técnico/produtivo e económico.
Duración mínima do proxecto: 12 meses.
Posibilidade de integrar no proxecto:
- Deseño dixital, sempre que estea asociado ao novo servizo ou experiencia.
- Deseño de identidade, é dicir, elementos de identidade gráfica e comunicación ligados ao servizo ou experiencia.
- Deseño de marca e identidade corporativa: formulación de proxectos de identidade corporativa e marca, con especial atención á representación de valores sustentables e innovadores.
Duración mínima do proxecto: 6 meses.
Posibilidade de integrar no proxecto:
- Traballos de deseño gráfico, identidade visual, packaging, creación de soportes dixitais e outros, necesarios para configurar a estratexia de branding coa que a empresa proxecta a súa estratexia cara ás persoas e o mercado.
Tipo e intensidade da axuda
- Tipo de convocatoria: convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.
- Tipo de axuda: subvención a fondo perdido.
- Incentivo: 50% dos custos de implementación incluídos no “Proxecto de Deseño para a Innovación e Sustentabilidade” que introducirá unha serie de actividades pensadas para constituír un conxunto completo e homoxéneo de fases que permita implementar ou incrementar as capacidades de deseño da empresa solicitante. (Axudas entre 5.000€ e 100.000€).
- Orzamento total: 1.500.000 €.
Beneficiarios
Microempresas, pequenas e medianas empresas individuais, con domicilio social ou centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as que se solicita a axuda.
Plazo de presentación de solicitudes
22/04/2022 – 23/05/2022