Obxecto da axuda
Axudas públicas a proxectos de I+D e novos proxectos empresariais do Plan estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación 2021-2023, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia
Organismo convocante
Ministerio de Ciencia e Innovación
Beneficiarios
Pequenas empresas, que cumpran ademais os requisitos para considerarse empresa innovadora, segundo o establecido no número 10 do anexo I da referida orde, sempre que estean validamente constituídas, teñan personalidade xurídica propia e residencia fiscal en España.
Descartanse aquelas empresas con débedas por reintegro de axudas ou préstamos coa Administración, entidades do sector público institucional ou beneficiarias con carácter previo a esta convocatoria de anteriores axudas do programa NEOTEC.
Os requisitos dos beneficiarios son:
- Non estar cotizadas nunha bolsa de valores, excepto as plataformas de negociación alternativa
- Estar constituídas como máximo nos tres anos anteriores á data de peche do prazo de presentación de solicitudes de axuda a esta convocatoria
- Contar cun capital social mínimo, ou capital social máis prima de emisión ou asunción, de 20.000 euros, desembolsado integramente, e inscrito totalmente no rexistro correspondente antes da presentación da solicitude.
- Declaración responsable do cumprimento do principio (DNSH)
Actividades elixibles
Actividades de baixo impacto ambiental que permitan que deberán argumentar que non existen alternativas viables de baixo impacto ambiental desde o punto de vista técnico e/ou económico para a realización do proxecto, que se adoptan os mellores niveis de desempeño ambiental no sector para a execución do proxecto, que a actividade conduce a un desempeño ambiental significativamente mellor que as alternativas dispoñibles no sector.
Estes puntos deberán ser xustificados con base nos procesos ou tecnoloxías de utilización e/ou desenvolvemento do proxecto.
Gastos elixibles
- Investimentos en equipamentos.
- Gastos de persoal (custos relacionados cos investigadores, técnicos e demais persoal auxiliar); o custo hora máximo financiable será de 40 €, incluíndo a seguridade social a cargo da empresa.
- Materiais
- Colaboracións externas / asesoría: ata un máximo do 50% do orzamento financiable (asegurar que os subcontratistas cumpran co principio DNSH, así como coa obriga de cooperación para a protección dos intereses financeiros da Unión)
- Outros custos: alugueres, subministracións, canons e licenzas, gastos de solicitude e mantemento de patentes e outros dereitos de propiedade industrial, seguros e outros gastos derivados, así como gastos de promoción e difusión e gastos de formación. Tamén serán subvencionables os gastos derivados do informe de auditor
Tipo, contía e intensidade da axuda
- Tipo de axuda: Subvencións.
- Orzamento máximo desta convocatoria: 40.000.000 euros
- Importe máximo de subvención por beneficiario: 250.000 euros
- Orzamento financiable mínimo: 175.000 euros
- Intensidade de axuda: 70-85%
Presentación de solicitudes
Data límite para a presentación de solicitudes: 20/04/2023. Tramitación na sede electrónica do CDTI (https://sede.cdti.gob.es/), o cal requirirá o rexistro previo dos solicitantes no sistema de entidades de CDTI.