Clusaga, en colaboración coa Consellería do Mar, organiza Taste The Sea, unha acción de promoción internacional da gastronomía galega que se celebrará o 22 de outubro en Dubai. O evento busca impulsar a internacionalización das empresas galegas do sector mar-alimentario e agroalimentario no mercado do Golfo Pérsico, destacando os produtos do mar e outros alimentos e bebidas de Galicia ante un público profesional de alto nivel (importadores, distribuidores, chefs e prescritores).
Evento principal: Atlantic Food Origins & Taste The Sea
O acto central será un cóctel gastronómico profesional con degustacións de produtos galegos de alta calidade, maridados con outras referencias do territorio, e incluirá:
- Recepción e presentación institucional
- Presentación das empresas participantes
- Degustación de produtos galegos
- Activacións en vivo e espazo de networking
- Encontros B2B organizados e facilitación de contactos comerciais
Actividades complementarias para empresas participantes presencialmente
- Visita institucional ao ICEX en Dubai: sesión informativa sobre o mercado do Golfo
- Storecheck: percorrido por superficies especializadas
- Visita á feira ADIFE en Abu Dhabi: encontro profesional coa oferta do mercado MENA
Modalidades de participación
Modalidade 1. Envío e presentación de produtos
- Envío de produtos para a súa degustación
- Inclusión no catálogo promocional do evento
- Distribución de material promocional propio
- Difusión da marca a través da comunicación institucional
- Importante: os gastos de envío internacional e loxística van a cargo da empresa
Modalidade 2. Participación presencial + axenda adicional
- Presenza no evento e atención a profesionais invitados
- Participación nas visitas institucionais (ICEX, storecheck, feira ADIFE)
- Posibilidade de contar cunha axenda B2B personalizada (servizo adicional)
- Acceso a espazos de visibilidade e accións de networking
- Importante: os custos de desprazamento, estanza, visado, manutención e envío de produtos son responsabilidade da empresa
Axudas e subvencións
Esta acción pódese incluír dentro da convocatoria da Cámara de Santiago, completando a súa misión comercial coa participación neste evento, incluíndo gastos de desprazamento, loxística e contratación de axenda. Esta subvención está suxeita a alcanzar un número mínimo de participantes. Para máis información, pódese consultar a convocatoria na web da Cámara de Santiago
Inscrición e contacto
Se a túa empresa está interesada en participar, ou precisas máis información, podes contactar co equipo de Clusaga en international@clusaga.org. O prazo para enviar a manifestación de interese remata o día 25 de agosto.