O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), no marco do proxecto europeo GRAPPA, lanza esta manifestación de interese para identificar entidades interesadas en participar no Grupo de Traballo de Aproveitamento de Recursos, Subprodutos e Innovación para unha economía circular.
Esta manifestación de interese está dirixida exclusivamente a empresas do sector alimentario galego interesadas en explorar e implementar solucións innovadoras para o aproveitamento de recursos e subprodutos agroalimentarios.
O obxectivo deste grupo é reunir actores da cadea agroalimentaria —empresas, provedores tecnolóxicos, xestores de residuos, centros de coñecemento e administracións públicas— para:
Esta manifestación de interese non é unha convocatoria de financiamento inmediata, nin implica ningún compromiso económico. O seu obxectivo é recoller información, retos e oportunidades para deseñar un grupo de traballo que impulse a innovación sistémica no sector.
O proxecto GRAPPA é unha iniciativa europea que busca reforzar a competitividade, resiliencia e sustentabilidade do sector agroalimentario, con especial atención ás pemes, mediante a valorización da biomasa e dos subprodutos agroalimentarios e a adopción de solucións verdes e dixitais. Aliñado coas estratexias da UE como Farm to Fork, Food 2030 e o Plan de Acción de Economía Circular, GRAPPA promove a conversión de fluxos secundarios en ingredientes e produtos de alto valor engadido, fomentando cadeas de valor circulares, a eficiencia no uso de recursos e a redución do desperdicio alimentario. Ademais, apoia ás pemes no desenvolvemento de innovacións, no fortalecemento de competencias en sustentabilidade e internacionalización, e na capacidade de adaptación a retos globais como o cambio climático ou as tensións xeopolíticas.
Animámoste a participar e formar parte dunha iniciativa que busca impulsar a eficiencia, a innovación e a colaboración no aproveitamento dos subproductos como recursos agroalimentarios en Galicia.









