O Instituto Gallego de Promoción Económica (Igape) está promovendo a implantación de solucións avanzadas para o desenvolvemento da economía circular no 2022 cofinanciadas no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
O pasado 18 de xullo de 2022 publicouse no DOG a resolución pola que se da publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG300F).
Estas axudas van destinadas á posta en marcha de proxectos para o desenvolvemento da economía circular con finalidade no desaenvolvemento e implantación de solucións avanzadas para a produción, transporte e distribución de materias primas, compoñentes, semielaborados e produtos finais, logrando reduccións e aforros no uso de recursos naturais, auga e enerxía, e diminución na xeración de residuos, subprodutos ou desbotamentos, con tendencia a convertilos en recursos para o seu uso noutros procesos.
O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o 29 de xullo e terminará o 8 de setembro de 2022.
O gasto subvencionable mínimo dos proxectos deberá ser de 12.000 €.
O importe máximo de subvención será de 200.000 € para proxectos colectivos e de 75.000 € para proxectos individuais.
O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.
Estas axudas son compatibles con outras axudas ou subvencións públicas sempre que a contía das axudas acumuladas non supere as porcentaxes máximas establecidas no artígo 6 das bases reguladoras, cos límites previstos no artigo 5.2.
A subvención será do 35% das inversións materiais e inmateriais subvencionables para as pequenas empresas, e do 25% para as medianas.
A subvención será do 50% dos gastos de colaboracións externas subvencionables para ambas categorías de empresa, pequenas e medianas. Os gastos do organismo intermedio previstos no artigo 3.1.f) de existir terán a consideración de colaboracións externas.
Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas (PEMES) segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.
As pemes poderán solicitar axudas á tipoloxía de proxectos individuais.
Os interesados en solicitar as axudas á tipoloxía de proxectos colectivos deberán constituír unha agrupación das previstas no artigo 8.3 da Lei 9/2007, que terá que estar constituída, polo menos, por dúas pemes co centro de traballo en Galicia.
Os proxectos propostos para ambas modalidades deben dirixirse a un ou varios dos seguintes obxectivos:
Se poderán subvencionar os tipos de gasto que cumpran os requisitos establecidos pola Orde HFP/1979/2016, do 29 de dicembro.
O custo subvencionable das colaboracións externas non poderá superar o 60% dos custos totais subvencionables.
Nos proxectos da modalidade 1) se se opta por contar cun organismo intermedio, este poderá facturar ás pemes participantes en concepto de gastos de coordinación do proxecto. Ese importe considerarase gasto subvencionable de colaboracións externas e dividirase entre todas as pemes participantes.