Convocatoria | Iniciativas para avanzar na Revolución das 4R. Proxecto Value4Pack

O proxecto Value4Pack do Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) vén de lanzar unha convocatoria en busca de ideas para avanzar na “Revolución das 4R”, unha iniciativa dedicada a promover o envasado sostible de alimentos. Así, esta convocatoria busca ideas innovadoras que aborden os desafíos de Rexeitar, Reducir, Reempregar e Reciclar, sen que isto conduza a unha maior perda ou desperdicio de alimentos.

Trátase dunha oportunidade excepcional para ter impacto no futuro do envasado de alimentos, que está aberta a todo tipo de organizacións: empresas de todos os tamaños, organizacións sen ánimo de lucro, organizacións de I+D, universidades e equipos colaborativos. Así, estas entidades poderán unir forzas con outros organismos innovadores, líderes da industria e expertos en sustentabilidade para remodelar a cadea de valor do envasado de alimentos.

O obxectivo do consorcio de Value4Pack é dar con ideas innovadoras da cadea de valor impulsadas pola industria para proxectos de colaboración que consigan:

  • Rexeitar: Eliminar os embalaxes innecesarios.
  • Reducir: Minimizar o uso de materiais de embalaxe.
  • Reempregar: Permitir empregar de xeito sostible os envases de alimentos.
  • Reciclar: Mellorar a reciclabilidade dos envases de alimentos e aumentar o uso de materiais reciclados.

As propostas seleccionadas recibirán apoio técnico para perfeccionar o caso de negocio, para conectar con posibles colaboradores e socios dunha rede de 11 países europeos e para acceder a posibles oportunidades de financiación pública e privada.

Para participar, é necesario enviar a idea ou ideas de proxecto a través da Value4Pack B2Match platform. A data límite de presentación de solicitudes é o 16 de setembro de 2024. Para máis información, pódese contactar con Clusaga no correo industria@clusaga.org.

Event Schedule Details

  • 16 Setembro 2024
Compartir
Engadir ao Calendario