China consolidouse como un dos mercados alimentarios con maior crecemento a nivel global, cunha demanda crecente de produtos de calidade, premium e innovadores, especialmente nos segmentos de alimentación saudable, gourmet e delicatessen. Estar presentes neste contorno supón unha oportunidade única para abrir novas vías de exportación, xerar contactos comerciais de alto valor e establecer alianzas estratéxicas a longo prazo.
Do 14 ao 16 de maio, Clusaga organizará unha misión comercial previa á feira cunha axenda personalizada de reunións B2B con compradores e distribuidores locais, deseñada para maximizar as oportunidades reais de negocio.
A misión inclúe tamén a visita a SIAL China os días 18 e 19 de maio, con acceso a un espazo exclusivo de reunións no centro de negocios da feira. As empresas participantes poderán presentar os seus produtos, manter encontros comerciais e explorar novas oportunidades de exportación, ademais de participar en foros sectoriais, actividades de networking e visitas a puntos de venda (store check) para coñecer de primeira man as tendencias e o comportamento do consumidor chinés.
Pavillón Galicia – Consellería do Mar:dirixido a empresas do sector mar-industria, que inclúe espazo expositivo, degustacións e axenda de reunións.
Pavillón España – FIAB: orientado ao conxunto do sector agroalimentario, dentro do stand agrupado nacional, garantindo visibilidade internacional e contacto con compradores, distribuidores e prescritores.
Trátase dunha oportunidade estratéxica para a internacionalización, que permite ás empresas galegas consolidar contactos comerciais, explorar novas vías de entrada ao mercado chinés e asiático e reforzar o seu posicionamento nun dos destinos con maior potencial de crecemento para os produtos alimentarios de calidade.
Para participar é necesario mandar unha manifestación de interese antes do 6 de febreiro a través do seguinte formulario. Para máis información, contactar con Clusaga a través do correo global@clusaga.org ou no teléfono 881 023 853.









