O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) solicita ofertas para a contratación de servizos para a realización da xestión económico-administrativa do proxecto eapa_0024/2022 – Hub4Food (Atlantic Food Innovation Hub)financiado con cargo ao programa Interreg Espacio Atlántico, cofinanciado polo Fondo Europeo De Desarrollo Regional (FEDER).
Contratante: Asociación Clúster Alimentario de Galicia.
Perfil do contratante: www.clusteralimentariodegalicia.org
Obxecto: prestación de servizos para a realización da xestión económico-administrativa do proxecto EAPA_0024/2022 – Hub4Food (Atlantic Food Innovation Hub).
Orzamento máximo: 40.000 Euros, IVA excluido.
Prazo de execución: 2024-2027. O servizo realizarase dende a data de adxudicación da presente contratación ata a data de entrega do informe final (previsto para o 31/03/2027).
Presentación de ofertas e consultas: Vía email á dirección de correo unitec@Clusaga.org. Serán válidas aquelas ofertas que se reciban axeitadamento ata o día 29/02/2024.
Valoración de ofertas: Levarase a cabo ata o 05 de marzo de 2024. A firma da acta de adxudicación provisional realizarase o venres día 08 de marzo de 2024.
Clusaga comprométese a cumprir cos principios comunitarios que rixen a contratación pública e a Lei Xeral de Subvencións: publicidade, concorrencia, transparencia, confidencialidade, igualdade e non discriminación.
A continuación adxúntanse prescripcións técnicas e administrativas.