O Clúster Alimentario de Galicia inicia o procedemento para a contratación do “servizo de controlador”, que será o responsable de realizar as verificacións establecidas no artigo 74.1.a do Regulamento (UE) nº 2021/1060 e artigos 46 apartados do 3 ao 9 do Regulamento (UE) nº 2021/1059 dos gastos de Clusaga no Proxecto NET4FOOD.
Os interesados deberán ter en conta o indicado nos seguintes anexos:
Para presentar proposta, as entidades interesadas deberán, en primeiro lugar, manifestar por escrito o seu interese en participar neste proceso na dirección de correo electrónico unitec@clusaga.org.
En segundo lugar, deberán facer chegar a súa proposta de oferta por correo electrónico á mesma dirección.
Venres 9 de febreiro de 2024 ás 12.00 horas.
A valoración das propuestas levarase a cabo ata o mércores 14 de febreiro ás 12.00 horas. A sinatura da Acta de Adxudicación Provisional realizarase o venres día 16 de febreiro de 2024, data na que se enviará vía correo electrónico aos oferentes xunto co ranking de puntuacións obtidas en base aos criterios especificados no Anexo 1.
A partir do venres 16 de febreiro de 2024 ábrese un periodo de alegacións e/ou subsanacións que finalizará o venres día 23 de febreiro. Durante a semana do 26 de febreiro (luns) levarase a cabo a sinatura e envío da Acta de Adxudicación Definitiva, así como a sinatura do contrato coa entidade adxudicataria.
Clusaga comprométese a cumprir cos principios comunitarios que rixen a contratación pública e a Lei Xeral de Subvencións: publicidade, concorrencia, transparencia, confidencialidade, igualdade e non discriminación.