Convocatoria | Participación agrupada de Clusaga en la Expo Salimat Silleda

O Cluster Alimentario de Galicia, en liña co seu compromiso coa competitividade, a internacionalización e a capacidade de negocio das empresas galegas do sector da alimentación e das bebidas, volve colaborar en 2026 coa Fundación Semana Verde de Galicia organizando a axenda dos Encontros de Compradores Internacionais do 29.º Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat Abanca, unha cita que forma parte da 48.ª Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia.

No marco desta colaboración, o Cluster Alimentario de Galicia está promovendo a participación agrupada de empresas alimentarias galegas neste salón expositivo, que permanecerá activo do 4 ao 7 de xuño de 2026 no recinto feiral de Silleda.

A participación no espazo expositivo do Cluster Alimentario de Galicia en Salimat Abanca, situado no Pavillón 1, inclúe un desconto do 30% para empresas socias, stands individuais nunha superficie de 3 x 3 m² e unha axenda individual de reunións B2B con compradores nacionais e internacionais os días 4 e 5 de xuño. Así mesmo, a atención do stand de cada empresa os días 6 e 7 de xuño, orientados ao público xeral, poderá ser delegada en persoal contratado.

Por todo o anterior, trátase dunha oportunidade para explorar novas vías de negocio, tanto con compradores nacionais como con importadores doutros países europeos e terceiros países.

Para participar no espazo expositivo agrupado do Cluster Alimentario de Galicia en Salimat Abanca 2026, é necesario cubrir o formulario de manifestación de interese que aparece a continuación antes do 29 de maio de 2026. Para máis información, pódese consultar o programa completo ou contactar co Cluster Alimentario de Galicia nos correos global@clusaga.org ou exporta@clusaga.org, ou no teléfono 981 556 062.

Event Schedule Details

  • 18 Maio 2026
    al 29 Maio 2026
Compartir
Engadir ao Calendario
WhatsApp