O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organiza unha participación agrupada na feira internacional TAVOLA EXPO 2026, que se celebrará do 15 ao 17 de marzo no Kortrijk Xpo (Bélxica). Esta feira é un dos principais puntos de encontro europeos para profesionais do sector alimentario especializados en produtos premium, gourmet e delicatessen, reunindo a máis de 450 expositores e 16.000 visitantes de preto de 30 países.
A participación agrupada coas empresas galegas permite maximizar a visibilidade do sector en Europa, ofrecer unha imaxe conxunta e coordinada das empresas galegas e facilitar o contacto directo con compradores, distribuidores e prescriptores internacionais. Ademais, as empresas teñen a oportunidade de presentar os seus produtos, acceder a novas tendencias do mercado e participar en iniciativas de visibilidade e recoñecemento como os Premios Golden Tavola.
Trátase dunha oportunidade estratéxica para a internacionalización, permitindo ás empresas galegas consolidar contactos comerciais, explorar novos mercados europeos e reforzar a súa presenza profesional nun evento de referencia para o sector alimentario de alta gama.
Para máis información sobre a feira e as modalidades de participación, consulte a convocatoria anexa.









