Convocatoria | Participación agrupada no Salón de Alimentación do Atlántico (Salimat Abanca) 2024

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), en liña co seu compromiso coa competitividade, internacionalización e capacidade de negocio das empresas do sector da alimentación e das bebidas galego, volve colaborar neste 2024 coa Fundación Semana Verde de Galicia organizando a axenda dos Encontros de Compradores Internacionais do 27ª Salón de Alimentación do Atlántico (Salimat Abanca), unha cita que forma parte da 46ª Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia.

No marco desta colaboración, Clusaga está a promover a participación agrupada de empresas alimentarias galegas neste salón expositivo, que permanecerá activo do 30 de maio ao 2 de xuño de 2024 no recinto feiral de Silleda.

A participación no espazo expositivo de Clusaga en Salimat Abanca, situado no Pavillón 1, inclúe un desconto do 30% para empresas socias, stands individuais para un total de oito empresas nunha superficie de 4x8m2, e unha axenda individual de reunións B2B con importadores os días 30 e 31 de maio. Así, a atención do stand de cada empresa os días 1 e 2 de xuño, enfocados ao público xeral, pode ser delegada en persoal contratado. Por todo o anterior, trátase dunha oportunidade para explorar novas vías de negocio, tanto con compradores nacionais coma importadores doutros países europeos e terceiros países.

Para participar no espazo expositivo agrupado de Clusaga en Salimat Abanca 2024 é preciso cubrir o formulario de manifestación de interese que aparece a continuación antes do 9 de maio de 2024. Para máis información, pódese consultar o programa completo ou contactar con Clusaga no correo international@clusaga.org ou no teléfono 881 023 853.

Event Schedule Details

  • 9 Maio 2024
Compartir
Engadir ao Calendario