A Axencia Galega de Innovación convoca as axudas do programa Principia dirixidas ás empresas e organismos de investigación en Galicia, destinadas ao fomento da contratación durante un período mínimo dun ano de persoal para a realización de actividades de I+D+i aliñadas coas prioridades establecidas na RIS3 para Galicia, co fin de favorecer a súa carreira profesional, así como estimular a demanda no sector público e privado de persoal suficientemente preparado para acometer proxectos de I+D+i.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios destas axudas:
a)As empresas, de calquera tamaño, con domicilio social ou centro de traballo en Galicia.
b)Os organismos de investigación públicos ou privados galegos ou con centro de traballo en Galicia, tendo en conta que quedan obrigados a destinar a axuda recibida a usos relacionados con actividades non económicas e relativas a actuacións de I+D+i.
Contía das axudas e concorrencia
·Tipo de convocatoria: Convocatoria en réxime de concorrencia competitiva
·Tipo de axuda: Subvención
·Incentivo: 10.000€ / contrato 12 meses. Esta contía incrementarase en 1.000 euros no caso de solicitar o bono de formación. Cada entidade poderá solicitar a axuda para ata un máximo de 3 contratos, tendo en conta que a primeira contratación concederase por orde de puntuación de acordo cos criterios de valoración establecidos
·Orzamento total: 1.180.000 €
Presentación das solicitudes
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos: https://sede.xunta.gal.
O prazo de presentación finaliza o 08/06/2020.